Cando os camelos acabaron de beber, colleu o home un anel de ouro, de medio siclo de peso, e púxollo á rapaza no nariz, e para os brazos dous torques de ouro de dez siclos.
Chegaban homes e mulleres, todos os que eran xenerosos, e traían broches, colares, aneis, torques e outros moitos obxectos de ouro; cada un facía a súa ofrenda de ouro ó Señor.
Entón profanaredes o revestimento de prata dos vosos ídolos, e botaredes fóra os adornos de ouro das vosas imaxes: coma pano ensanguentado, declararédelas unha inmundicia.