Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 32:1 - Biblia SEPT

1 Vendo o pobo que Moisés se demoraba en baixar da montaña, xuntouse ó redor de Aharón e díxolle: —"Anda, fainos un deus que vaia diante de nós, pois ese Moisés, o home que nos sacou de Exipto, non sabemos que foi del".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 32:1
35 Iomraidhean Croise  

Lot saíu para lles dicir ós xenros, que desposaran a súas fillas: —"Dispoñédevos para abandonar este lugar, pois o Señor destrúe a cidade". Pero eles collérono a riso.


Abimélec retrucou: —"Non sei quen o puido facer. Nin ti me dixeches nada, nin eu oín falar diso ata hoxe".


El refugou a proposta, dicindo: —"Ves que o meu amo non se ocupa de cousa ningunha na súa casa, senón que deixou nas miñas mans todo o que ten.


Xosé díxolles: —"Que feito é ese que fixestes? Non sabiades que un home coma min ten o poder de adiviñar?"


Saíron da cidade e, cando non ían aínda lonxe, mandou Xosé ó xefe da súa casa: —"Vai detrás deses homes e, cando os atrapes, dilles: Por que pagastes mal por ben?


No Horeb fixeron un touro, adoraron un ídolo,


O Señor camiñaba diante deles, polo día nunha columna de nube para os guiar, pola noite nunha columna de lume para os alumear. Dese xeito camiñaban de día e de noite.


Dixéronlle a Moisés: —"Seica non había sepulturas en Exipto, para que nos fixeses vir morrer no deserto? Que ben nos fixeches con sacáresnos de Exipto?


Dicían: —"Sequera morrésemos pola man do Señor na terra de Exipto, sentados ó redor dos potes de carne e con pan a fartar! Trouxéstesnos a este deserto, para matar de fame a toda esta comunidade".


Non faredes deuses de prata para poñelos ó meu lado, nin vos fabricaredes deuses de ouro.


O Señor díxolle a Moisés: —"Sube á montaña e queda onda min. Dareiche as táboas de pedra coa lei e cos mandamentos que escribín, para que llos ensines ó pobo".


Moisés entrou na nube, subiu á montaña e quedou alí corenta días coas súas noites.


Entón rogou Moisés ante o Señor, o seu Deus: —"Por que, Señor, se ten que acender a túa ira contra o teu pobo, que con moito poder e con man rexa sacaches de Exipto?


Respondeulle Aharón: —"Que non se anoxe o meu señor. Ti sabes que este pobo é inclinado ó mal.


Dixéronme: Fainos un deus que nos conduza, pois ese Moisés, o home que nos sacou de Exipto, non sabemos que foi del.


O Señor díxolle a Moisés: —"Anda, baixa da montaña, porque o teu pobo, o que sacaches de Exipto, perverteuse.


e vós entraredes nesa terra que zumega leite e mel. Eu non irei entre vós, cun pobo que ten a cerviz dura, non sexa que vos destrúa no camiño".


Pero eles reviráronse contra min, e non me quixeron facer caso. Ninguén deles botou fóra as abominacións que lles levan os ollos, nin abandonou os ídolos de Exipto. Entón véuseme ó pensamento verter contra eles o meu noxo, e esgotar contra eles a miña ira en pleno país de Exipto.


Xacob fuxiu ó campo de Siria, e Israel serviu coma servo por causa dunha muller, e por unha muller gardou rabaños.


Si, fíxente subir do país de Exipto, e rescateite da escravitude, e mandei á túa fronte a Moisés, a Aharón e a Miriam.


todos aqueles homes que viron a miña Gloria e os prodixios que fixen no Exipto e no deserto, e me tentaron xa por dez veces, sen escoitaren a miña voz,


Entendédeo ben: se soubese o dono da casa a que hora vai chegar o ladrón, estaría á espreita e non permitiría que lle asaltasen a casa.


Pero se aquel mal empregado di para si: "O meu amo aínda non vén para agora",


Así que, sendo da liñaxe de Deus, non debemos pensar que a divindade sexa semellante ó ouro, á prata ou á pedra, traballados pola maña e a imaxinación do home.


pero estades vendo e sentindo que non só en Éfeso senón tamén en case toda a Asia, ese Paulo convenceu a bastante xente, dicíndolles que non son deuses os que se fan coas mans.


dicíndolle a Aharón: Fainos deuses que vaian diante de nós, pois non sabemos que foi deste Moisés, que nos quitou da terra de Exipto.


Certo que o Señor será quen irá diante de ti. El estará contigo, non te deixará só nin te abandonará. Non teñas medo nin te desanimes".


Escoita, Israel! Ti vas cruzar hoxe o Xordán para tomares posesión de pobos máis grandes e máis poderosos ca ti, de cidades máis grandes e fortificadas có ceo;


Cando eu subín á montaña para recoller as lousas de pedra, as táboas da Alianza, que o Señor pactara convosco, quedei na montaña corenta días e corenta noites, sen comer pan e sen beber auga.


Ti érguete, purifica o pobo, e dilles: Mantédevos puros para mañá, pois así di o Señor, Deus de Israel: Non poderás estar rexo fronte ós teus inimigos, ata que non fagades desaparecer o consagrado do medio de vós.


Estes dirán: "Que queda da promesa da súa volta? Pois desde que morreron os nosos pais, todo segue igual que estaba desde o principio do mundo".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan