3 Revestiralo de ouro puro, por enriba, polos lados e nos cornos; poraslle unha cinta de ouro ó redor.
O camarín tiña dez metros de longo, dez de ancho e dez de alto. Salomón revestiuno de ouro puro. O altar revestiuno de cedro.
De ouro revestiu o templo todo, desde o cimo ata o fondo; e tamén o altar, diante do camarín.
Salomón mandou facer aínda outros obxectos para o templo do Señor: o altar de ouro, a mesa de ouro para poñer enriba dela os pans da proposición;
Revestirala de ouro puro por dentro e por fóra; por enriba, ó arredor, poraslle unha cinta tamén de ouro.
Revestirala de ouro puro e poraslle ó redor unha cinta de ouro.
Faralo cadrado, dun cóbado de longo, un de ancho e dous de alto, con cornos saíntes nos ángulos.
Debaixo da cinta, nos dous flancos, poraslle dúas argolas de ouro, para meter os dous varais con que podelo transportar.
Chegou outro anxo cun incensario de ouro. Púxose ó pé do altar e déuselle moito incenso, para que o ofrecese no altar de ouro, que está diante do trono, coas oracións de todo o pobo santo.