para o altar do incenso, ouro depurado, segundo o peso; así mesmo, o modelo da carruaxe e dos querubíns que estenden as ás e cobren a Arca da alianza de Iavé.
Pero ó facerse poderoso, a soberbia arrastrouno á perdición. Rebelouse contra o Señor, seu Deus, entrando no templo para queimar incenso no altar dos perfumes.
Aharón fará por el a expiación, unxindo unha vez no ano os seus cornos co sangue do sacrificio polo pecado; así polas xeracións. O altar está consagrado ó Señor".
de altar de madeira de tres cóbados de alto e dez cóbados de longo; tiña de madeira as súas esquinas, a súa táboa de arriba e as paredes. Entón díxome: —Esta é a mesa que está diante do Señor.
tinguirá con sangue as esquinas do altar, que está na Tenda do Encontro diante do Señor, e verterá todo o resto do sangue ó pé do altar dos holocaustos, que está no limiar da Tenda do Encontro.
Tinguirá despois o sacerdote co sangue as esquinas do altar do incenso recendente, que está diante do Señor na Tenda do Encontro, e todo o resto do sangue da vítima verterao ó pé do altar dos holocaustos, situado no limiar da Tenda do Encontro.
Tiñan ó seu cargo o coidado da Arca, da mesa, do candelabro, dos altares e demais utensilios sagrados do culto, da cortina e de todo o que se precisa no seu servizo.
co altar de ouro para o incenso e a arca da alianza cuberta de ouro por todos os lados; nela había unha caixa de ouro co maná, a vara reverdecida de Aharón e mais as táboas da alianza.
Chegou outro anxo cun incensario de ouro. Púxose ó pé do altar e déuselle moito incenso, para que o ofrecese no altar de ouro, que está diante do trono, coas oracións de todo o pobo santo.