Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 3:9 - Biblia SEPT

9 O pranto dos israelitas chega xa onda min, e tamén teño visto como os oprimen os exipcios.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 3:9
22 Iomraidhean Croise  

E díxolle aínda: —"Ves que estás embarazada. Terás un fillo e chamaraslle Ismael, xa que o Señor escoitou a túa aflición.


E el seguiu: Ergue os ollos e fíxate: Todos os carneiros que montan nas ovellas son riscados e pintos, porque eu teño visto o que Labán che leva feito.


Ioacaz implorou entón ó Señor, e o Señor escoitouno, en vista do asoballamento en que tiña a Israel o rei de Aram.


—"Volve onda Ezequías, xefe do meu pobo, e dille que isto di o Señor, Deus de seu pai David: escoitei a túa oración e vin as túas bágoas. Agora voute curar. A volta de tres días poderás subir ó templo do Señor.


Viches a humillación dos nosos pais en Exipto e escoitaches os seus gritos onda o mar dos Xuncos.


—"A lingua é a nosa forza, contamos cos nosos labios: quen será o noso dono?".


Ten dó de min, Señor, olla cómo me aflixe o inimigo. Tírame ti da man da morte,


Asignáronlles, pois, capataces, co fin de oprimilos con traballos, cando construían as cidades-graneiros de Pitom e de Ramsés.


Entón ordenou o faraón ó seu pobo: "Todo neno que naza, botarédelo ó río; ás nenas deixádeas que vivan".


Subiu ó trono de Exipto un rei novo, que non coñecera a Xosé,


Pasado moito tempo, morreu o rei de Exipto. Os israelitas queixábanse e berraban na súa servidume, e os seus xemidos subiron onda Deus.


fixouse nos israelitas, recoñeceu os seus sufrimentos.


O Señor díxolle: —"Teño visto as miserias do meu pobo en Exipto, oín as súas queixas contra os seus opresores, coñezo os seus sufrimentos.


De novo púxenme a observar todas as opresións que se cometen baixo o sol. E velaquí as bágoas de inocentes, sen que ninguén se apiade; vénlles violencia da banda dos opresores, sen que ninguén se apiade.


E, a pesar de todo, sempre é de interese para un país ter un rei que controle a agricultura.


Escoitade esta palabra, vacas de Baxán que morades sobre o monte de Samaría, as que asoballades os necesitados, as que esfolades os pobres, mentres lles dicides ós vosos maridos: "Botádenos de beber!"


Entón chamamos polo Señor, Deus de nosos pais, e o Señor escoitou o noso clamor e viu a nosa opresión e o noso duro traballo.


—"Mañá destas horas mandareiche un home do país de Benxamín, para que o unxas por xefe do meu pobo Israel. El librará este meu pobo da man dos filisteos, pois fixeime na mágoa do meu pobo, os seus berros chegaron onda min".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan