Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 3:8 - Biblia SEPT

8 Vou baixar e libralos do poder dos exipcios, e levalos desta terra a unha terra boa e largacía, terra que deita leite e mel, ós lugares dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 3:8
54 Iomraidhean Croise  

Baixou o Señor para ver a cidade e a torre que os homes construían, e pensou:


Baixemos e embarullemos alí mesmo a súa lingua, de xeito que non se entendan uns cos outros".


Entón díxolle o Señor: —"Saberás que os teus descendentes terán que estar coma forasteiros nunha terra allea, e que os escravizarán e os oprimirán por catrocentos anos.


Pero has de saber tamén que eu castigarei ó pobo que os escravice, e despois eles sairán con moitos bens.


Vou baixar e ver se este clamor que chega onda min corresponde cos feitos; e se non, sabereino".


Díxolles seu pai Xacob: —"Se ten, pois, que ser, facede como vos digo: collede uns cestos cos mellores froitos do país e levádelle un regalo a aquel home: un pouco de resina, un pouco de mel, goma, mirra, láudano, pistachos e améndoas.


Eu baixarei alá contigo e farei que volvas aquí. Xosé pecharache os ollos".


Xosé díxolles a seus irmáns: —"Eu estou para morrer. Deus coidará de vós e sacaravos desta terra, para a terra que prometeu con xuramento a Abraham, a Isaac e a Xacob".


hivitas, arquitas, sinitas,


Atopaches nel un corazón fiel para contigo, e remataches con el unha alianza para darlle o país dos cananeos, hititas, amorreos, perizitas, iebuseos e guirgaxitas, a el e á súa descendencia. Cumpriches a palabra, porque ti es xusto.


—"A lingua é a nosa forza, contamos cos nosos labios: quen será o noso dono?".


—"Pola opresión dos humildes e os xemidos dos pobres, agora mesmo me levanto —di o Señor—: porei en salvo a todos os que o arelan".


O anxo do Señor acampa en torno ós seus fieis e dálles seguridade.


Chamarame, e respondereille, estarei con el nos apuros, defendereino e honrareino.


No mesmo día en que se cumprían os catrocentos trinta anos, saíron de Exipto as multitudes do Señor.


Naquel mesmo día sacou o Señor as multitudes israelitas de Exipto.


Cando o Señor vos introduza na terra dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos hivitas e dos iebuseos, conforme o xuramento que fixo a vosos pais, unha terra que deita leite e mel, no mes de abib celebraredes esta festa.


Teño decidido sacarvos da miseria de Exipto e levarvos ó país dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos, unha terra que deita leite e mel.


Observa o que hoxe che mando. Eu botarei de diante de ti ós amorreos, ós cananeos, ós hititas, ós perizitas, ós hivitas e ós iebuseos.


Desde que entrei onda o faraón para falarlle no teu nome, el trata peor ó teu pobo, e ti non fas nada por libralo".


Ata que eu veña e vos colla para vos levar a un país coma o voso país, terra de trigo e de mosto, terra de gran e de viñas.


o mesmo que se lle prende lume á bouza e o lume fai burbullar a auga, para lles facer coñecer o teu nome ós teus inimigos, para que estremezan os pobos coa túa presenza,


Deste xeito cumprirei a promesa que con xuramento fixen a vosos pais, de darlles para eles a terra que deita leite e mel, coma o día de hoxe. E eu repuxen dicindo: —De acordo, Señor.


Eu conducinvos ó país dos hortos, para que comésedes os seus froitos e os seus bens; pero vós entrastes e luxastes a miña terra, convertestes en algo noxento o meu eidiño.


e décheslles esta terra que lles xuraras dar a seus pais, terra que deita leite e mel.


No día aquel xureilles coa man erguida, que os sacaría do país de Exipto, para a terra onde eu me aparecera a eles, terra que deita leite e mel, terra que é a máis gloriosa de todas as terras.


Xa volo teño dito: vós seredes donos da súa terra; eu mesmo vola vou dar en posesión: unha terra que deita leite e mel. Eu son o Señor, o voso Deus, que vos separei dos demais pobos.


Eu fíxenvos subir desde o país de Exipto guiándovos pola estepa corenta anos para darvos en posesión a terra dos amorreos;


Ollaredes ben a terra, como é, e o pobo que nela habita: se é forte ou feble, se escaso ou numeroso;


e tamén como é a terra na que habita: se é boa ou mala; e como son as cidades nas que mora: se abertas ou fortificadas;


E contaron: —"Fomos á terra, onde ti nos enviaches: verdadeiramente é un país que deita leite e mel. Velaquí os seus froitos!


E ninguén subiu ó ceo, fóra do que baixou do ceo, o Fillo do Home.


Pois eu baixei do ceo non para facer a miña vontade, senón a vontade daquel que me mandou.


Colleron a proba dos froitos deste país, e baixaron xunto a nós para nos informaren. Dixeron: É boa a terra que o Señor, o noso Deus, nos vai dar.


Arrincade as vosas tendas e entrade na serra dos amorreos e onda os seus veciños que viven na Arabah, na montaña e na Terra Baixa, no Négueb e na beira do mar. Ollade para o país dos cananeos e para o Líbano ata o río grande, o río Éufrates.


e logo escribirás sobre elas todas as formulacións desta lei, ao cruzares para entrares no país que o Señor, o teu Deus, che vai dar, país que deita leite e mel, tal como cho dixo o Señor, Deus de teus pais.


O Señor concederache ter bens de abondo: froitos do teu ventre, froitos do teu gando e froitos da túa terra, cando esteas na terra que o Señor lles xurou a teus pais que cha daría.


Escoita, Israel, e ten coidado de o practicar, para que sexas feliz e que te multipliques moito, pois tal como cho falou o Señor, Deus dos teus pais, é unha terra que deita leite e mel.


Cando o Señor, o teu Deus, te introduza no país no que vas entrar para o tomares en posesión, e cando expulse da túa presenza pobos numerosos —os hititas, os guirgaxitas, os amorreos, os cananeos, os perizitas, os hivitas e os iebuseos, sete pobos máis numerosos e poderosos ca ti—


De feito, os fillos de Israel botaron corenta anos polo deserto, ata o acabamento de toda a xeración de guerreiros saídos de Exipto, que non escoitaran a voz do Señor, polo que o Señor lles xurara privarlles de ver a terra que prometera a seus pais que había de nos dar, unha terra que deita leite e mel.


En oíndo isto todos os reis da beira do Xordán, das montañas e da Xefelah e de todas as costas do Mar Grande de fronte ó Líbano —os hititas, os amorreos, os cananeos, os perizitas, os hivitas e os iebuseos—,


E respondéronlles os homes de Israel ós hivitas: —"Pode que habitedes entre nós, e entón, como imos facer un trato convosco?"


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan