Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 3:6 - Biblia SEPT

6 E engadiu: —"Eu son o Deus de teu pai, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob". Moisés tapou a cara, polo medo de ver a Deus.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 3:6
42 Iomraidhean Croise  

O Señor díxolle a Abram: —"Vaite da túa terra, da túa patria, do teu clan, á terra que eu che mostrarei.


O Señor aparecéuselle a Abram para dicirlle: —"Os teus descendentes dareilles esta terra". Abram erixiu alí mesmo un altar ó Señor que se lle aparecera.


Abram prostrouse por terra, e Deus díxolle:


El pregou entón deste xeito: —"Señor, Deus do meu amo Abraham, ven hoxe ó meu encontro e trátao a el con amor.


Aquela mesma noite aparecéuselle o Señor e díxolle: —"Eu son o Deus de teu pai Abraham. Non teñas medo, pois eu estou contigo. Bendicireite e aumentarei a túa descendencia, por mor do meu servo Abraham".


Diante del viu o Señor en pé, que lle dicía: —"Eu son o Señor, Deus de teu pai Abraham e Deus de Isaac. A terra onde estás deitado dareicha para ti e para os teus descendentes.


E, tremendo, engadiu: —"Que estarrecedor este lugar! Non é senón unha casa de Deus e unha porta do ceo".


Se non estivese comigo o Deus de meu pai, o Deus de Abraham e Padriño de Isaac, despediríasme en baldeiro. Pero onte á noite Deus fixouse na miña aflición e no esforzo das miñas mans, e fíxome xustiza".


Pensaba desta maneira: —"Se Esaú se mete nun campamento e o ataca, salvarase o outro".


Chegada a hora da ofrenda, o profeta Elías achegouse ó altar e rezou: —"Señor, Deus de Abraham, de Isaac e de Israel; que se saiba hoxe que ti es o Deus de Israel e que eu son o teu servo, que fago polo teu mandato estas cousas.


En canto Elías o sentiu, tapou a cara co manto, saíu fóra e ficou en pé, na entrada da cova. Niso chegou unha voz que preguntaba: —"Que fas aí, Elías?"


Viches a humillación dos nosos pais en Exipto e escoitaches os seus gritos onda o mar dos Xuncos.


cando xurou ó Señor e fixo este voto ó Deus de Xacob:


O Señor é a miña forza, a razón do meu canto, El é a miña salvación. El é o meu Deus, e loareino, o Deus de meu pai, e enxalzareino.


Habitarei no medio de Israel e serei o seu Deus.


Agora vai, xunta os anciáns de Israel e dilles: Iavé, o Deus de vosos pais, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob, aparecéuseme e díxome: Veño visitarvos, pois xa vin como vos tratan en Exipto.


E engadiu: —"Pero non poderás ver a miña cara, porque non pode verme un home e despois seguir vivindo".


—"Isto é para que crean que se che apareceu o Señor, o Deus de teus pais, Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob".


Dareilles corazón para me coñecer: eu serei o Señor, e eles serán o meu pobo. Eu serei o seu Deus, e volverán a min con todo o seu corazón.


Velaquí o pacto que eu hei pactar coa casa de Israel despois deses días —é o Señor quen fala—: Hei meter a miña lei nas súas entrañas, escribireina nos seus corazóns, serei para eles o seu Deus, e eles serán para min o meu pobo.


Eles serán o meu pobo e eu serei o seu Deus.


para que se comporten conforme os meus preceptos, garden os meus mandamentos e os cumpran; eles serán o meu pobo e eu serei o seu Deus.


Traereinos e habitarán no medio de Xerusalén, serán para min o meu pobo, e eu serei para eles o seu Deus, na fidelidade e na xustiza".


O escoitaren isto, os discípulos caeron debruzados, cheos de temor.


Eu son o Deus de Abraham, o Deus de Isaac, o Deus de Xacob? Ben, pois El non é Deus dos mortos, senón dos vivos.


E volvendo á resurrección dos mortos, non tedes lido no Libro de Moisés, no episodio da silveira, como lle falou Deus dicindo: Eu son o Deus de Abraham, o Deus de Isaac e o Deus de Xacob?


E que resucitan os mortos, ben o deixou indicado Moisés, cando dixo do Señor, no episodio da silveira: O Deus de Abraham, o Deus de Isaac e o Deus de Xacob.


Vendo isto, Simón Pedro botóuselle ós pés a Xesús, dicindo: Señor, arreda de min, que eu son un pecador.


Eu son o Deus de teus pais, o Deus de Abraham, de Isaac, e de Xacob. Pero Moisés, arrepiado, non ousaba mirar.


vin a aflición do meu pobo en Exipto, escoitei os seus laios e baixei para liberalos. Ven logo aquí, que te vou mandar a Exipto.


Escoita, Israel, e ten coidado de o practicar, para que sexas feliz e que te multipliques moito, pois tal como cho falou o Señor, Deus dos teus pais, é unha terra que deita leite e mel.


Pero máis ben suspiraban por outra patria mellor: a celestial. Por iso Deus non se avergonza de que o chamen o seu Deus, xa que lles preparou unha cidade.


Tan sublime era a aparición que o mesmo Moisés dixo: "Estou abraiado e tremendo".


O velo, caín ós seus pés coma morto. Pero el puxo a súa man dereita sobre min e díxome: "Non teñas medo. Eu son o Primeiro e o Ultimo,


e díxolle Manóah a súa muller: —"De certo imos morrer, pois vimos a Deus".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan