Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 3:5 - Biblia SEPT

5 Díxolle Deus: —"Non te achegues aquí. Tira as sandalias dos pés, pois o sitio onde estás é terra sagrada".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 3:5
12 Iomraidhean Croise  

Ti fixaraslle ó pobo un lindeiro ó arredor da montaña e diraslle: Gardádevos de subir pola montaña, e mesmo de aproximarvos ás súas abas. O que se aproxime á montaña, morrerá.


O Señor díxolle a Moisés: —"Baixa e advírtelle ó pobo que non traspasen os lindeiros para veren o Señor, pois morrerían moitos deles.


Moisés referiulle a Aharón o que o Señor lle dixera, como o enviara e os sinais que lle mandara facer.


Non te precipites coa túa boca; non se che apure o pensamento ó presentares ante Deus o teu afán. Pois Deus está no ceo e ti na terra: sexan poucas as túas verbas!


O xefe será un dos seus, e o soberano nacerá deles; eu fareino achegarse, e achegarase a min, pois quen é o que pola súa conta se achegaría a min? —é o Señor quen fala—.


Díxolle Moisés a Aharón: —"Isto tíñavolo ben advertido o Señor con estas verbas: Mostrarei a miña santidade nos que me están máis próximos, manifestarei a miña gloria diante dos ollos de todo o pobo". Aharón calou.


E díxolle o Señor: Quita os zapatos dos teus pés, porque o lugar onde estás é terra santa;


Co teu equipamento terás unha estaca, e cando vaias anicarte para defecar, cavarás con ela, anicaraste e logo taparás o teu excremento,


porque non podían co que se lles estaba mandando: "Quen toque o monte, aínda que sexa un animal, morrerá acantazado".


Respondeulle o príncipe do exército do Señor a Xosué: —"Descálzate, pois o lugar onde te atopas é santo". E así fixo Xosué.


Esta voz oímola nós vir do ceo, estando con el no monte santo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan