Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 3:4 - Biblia SEPT

4 En vendo o Señor que Moisés se achegaba para ver, chamouno desde a silveira: —"Moisés! Moisés!" El respondeu: —"Aquí estou".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 3:4
18 Iomraidhean Croise  

Despois destes feitos, Deus puxo á proba a Abraham, chamándoo: —"Abraham!" El respondeu: —"Aquí estou".


Mais o anxo do Señor chamou desde o ceo: —"Abraham! Abraham!" El respondeu: —"Aquí estou".


O espertar do soño dixo Xacob: —"Abofé que está o Señor neste lugar, e eu non o sabía".


Nunha visión, de noite, Deus chamou a Israel: —"Xacob! Xacob!" El respondeu: —"Aquí estou".


Non confiedes no froito da opresión, non vos precedes do roubado. Se crecedes en riqueza, non poñades nela o corazón.


Moisés subiu ó encontro de Deus, e o Señor chamouno desde a montaña, para mandarlle dicir ós descendentes de Xacob, comunicarlles ós israelitas:


Nunha labarada, no medio dunha silveira, apareceulle o anxo do Señor. Moisés reparou na silveira que ardía e que non se consumía.


Moisés díxolle ó Señor: —"Ti mándasme conducir este pobo, pero non me indicaches aínda a quen mandas comigo, por máis que me teñas dito: Coñézote polo nome e concédoche o meu favor.


—"Isto é para que crean que se che apareceu o Señor, o Deus de teus pais, Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob".


Chamou o Señor a Moisés desde a Tenda do Encontro e díxolle:


Unha voz díxolle: Érguete, Pedro, mata e come!


A iso das tres da tarde, tivo unha visión e viu claramente o anxo do Señor entrar cabo del e dicirlle: Cornelio!


Caeu no chan e sentiu unha voz que lle dicía: —Xaúl, Xaúl, por que me persegues?


co mellor da terra e de canto contén, e a favor do que mora na silveira: baixe sobre a cabeza de Xosé, sobre a fronte do príncipe de seus irmáns!


O Señor presentouse, chamando, coma as outras veces: —"Samuel, Samuel!" E Samuel dixo: —"Fala: o teu servo escóitate".


O Señor chamou por Samuel e este respondeulle: —"Aquí estou". E, coa mesma, foi correndo onda Elí e díxolle: —"Aquí veño, pois chamáchesme".


O Señor chamou de segundas por Samuel. Samuel ergueuse e foi onda Elí, dicindo: —"Aquí estou, pois chamáchesme". —"Eu non te chamei, meu fillo", dixo el. —"Volve deitarte".


O Señor chamou por terceira vez a Samuel, quen se ergueu e foi axiña onda Elí: —"Aquí estou, pois chamáchesme". Entón decatouse Elí de que era o Señor quen chamaba ó rapaz.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan