16 Agora vai, xunta os anciáns de Israel e dilles: Iavé, o Deus de vosos pais, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob, aparecéuseme e díxome: Veño visitarvos, pois xa vin como vos tratan en Exipto.
Diante del viu o Señor en pé, que lle dicía: —"Eu son o Señor, Deus de teu pai Abraham e Deus de Isaac. A terra onde estás deitado dareicha para ti e para os teus descendentes.
Xosé díxolles a seus irmáns: —"Eu estou para morrer. Deus coidará de vós e sacaravos desta terra, para a terra que prometeu con xuramento a Abraham, a Isaac e a Xacob".
Moisés levaba consigo os ósos de Xosé, pois este fixéralles xurar ós israelitas: —"Deus visitaravos certamente, e entón levaredes de aquí os meus ósos convosco".
Despois Ietró, sogro de Moisés, ofreceu a Deus sacrificios e holocaustos. Aharón e todos os anciáns de Israel viñeron e comeron con el na presenza de Deus.
Entre os pagáns mantede un comportamento honrado, para que, aínda que vos calumnien polo voso comportamento coma malfeitores, ó veren as vosas obras boas, acaben por dar gloria a Deus, o día que El os visite.
Os responsables das vosas comunidades, exhórtoos eu, responsable coma eles, que fun testemuña dos padecementos de Cristo e que terei parte convosco na gloria que está para se manifestar: