Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 3:13 - Biblia SEPT

13 Moisés replicou: —"Xa me estou vendo chegar onda os israelitas e dicíndolles: O Deus de vosos pais mándame onda vós. Mais eles preguntaranme: E cal é o seu nome? Que lles direi eu entón?"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 3:13
16 Iomraidhean Croise  

Díxolle el: —"Desde hoxe non te chamarás Xacob, senón Israel, porque loitaches con Deus e cos homes, e puidécheslles".


O Señor é un guerreiro. O seu nome é Iavé.


Respondeulle Deus: —"Eu estarei contigo. E este será o sinal de que eu te mando: Cando saques o pobo de Exipto, adoraredes a Deus nesta montaña".


Deus respondeulle a Moisés: —"EU SON O QUE SON". E engadiu: —"Diraslles así ós israelitas: EU SON mándame onda vós".


E mandoulle aínda: —"Diraslles tamén ós israelitas: Iavé, o Deus de vosos pais, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob mándame onda vós. Ese será o meu nome para sempre. Por el invocaranme todas as xeracións.


Diraslle así: Iavé, o Deus dos hebreos, mandoume dicirche isto: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto no deserto. Ata agora non fixeches caso aínda.


Quen ascendeu ó ceo e de alí baixou? Quen recolleu o vento nos seus puños? Quen envolveu as augas no seu manto? Quen afincou os lindeiros da terra? Cal é o seu nome e cal o de seu fillo, acaso o sabes?


Por isto o meu pobo recoñecerá de certo o meu Nome naquel día, cando eu diga: Aquí estou!"


Por isto, o meu Señor daravos El mesmo un sinal: Velaí a doncela: está en cinta e dá a luz un fillo, ó que lle pon de nome Emmanuel;


Oh, que grande a súa Soberanía! A paz non terá fin no trono de David e no seu reino, para afincalo e para afirmalo, co dereito e coa xustiza, desde agora e para sempre. O celo do Señor dos Exércitos fará isto.


Desde os seus días Xudá vivirá a salvo, e Israel vivirá en paz. O título que se lle dará será este: "O Señor é a nosa xustiza".


Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome Xesús, porque salvará o seu pobo de todos os seus pecados.


Mirade: a virxe concibirá e dará a luz un fillo, e poñeranlle de nome Emmanuel (que quere dicir "Deus connosco").


O Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob, o Deus de nosos pais, glorificou ó seu servo Xesús, a quen vós entregastes e negastes diante de Pilato, cando este estaba decidido a deixalo en liberdade.


E dixo Manóah ó anxo do Señor: —"Como te chamas?, de xeito que te honremos cando se cumpran as túas palabras".


E foi a muller e díxolle a seu marido: —"Un home de Deus veu onda min e a súa semellanza era a dun anxo de Deus, terrible de abondo; e non lle preguntei de onde era nin el me manifestou o seu nome.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan