Fai nesta terra a túa morada. Eu estarei contigo e bendicireite. A ti e ós teus descendentes dareivos esta terra, para manter o xuramento que fixen a teu pai Abraham.
E a Ezequías: que isto che sirva de sinal: Este ano comerás gran de rebusco e, para o ano que vén, do que medre só. Pero no ano terceiro sementaredes e segaredes, plantaredes viñas e comeredes os seus froitos.
Moisés replicou: —"Xa me estou vendo chegar onda os israelitas e dicíndolles: O Deus de vosos pais mándame onda vós. Mais eles preguntaranme: E cal é o seu nome? Que lles direi eu entón?"
Este será para ti o sinal: comeredes neste ano o que brota de seu, e o ano que vén comeredes o que volva brotar; pero no terceiro ano sementade e recollede, plantade viñas e comede o seu froito.
Cando pases a través das augas, eu estarei contigo; cando pases a través dos ríos, non te engulirán. Cando pases a través do lume, non te queimarás; cando pases por entre as chamas, non prenderán en ti.
Logo o Señor mandoulle isto a Xosué, fillo de Nun: —"Se valente! Se forte!, que ti farás entrar ós fillos de Israel na terra que lles prometín con xuramento, e eu estarei contigo".
Ninguén se che poderá arrepoñer durante toda a túa vida. Do mesmo xeito que estiven con Moisés, estarei tamén contigo: non te fallarei nin te abandonarei.
Entón, o anxo de Iavé alongou o bico do bastón que tiña na súa man e tocou a carne e os bolos; e da pedra xurdiu lume que consumiu a carne e mais os bolos; e o anxo de Iavé desapareceu da súa vista.