Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 3:11 - Biblia SEPT

11 Moisés díxolle a Deus: —"Quen son eu para ir onda o faraón e para sacar os israelitas de Exipto?"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 3:11
13 Iomraidhean Croise  

Entón o rei David presentouse ó Señor e dixo: —"Quen son eu, meu Señor Iavé, e quen é a miña familia, para que me fagas chegar ata aquí?


Agora, Señor, meu Deus, que fixeches que o teu servo reinase despois de meu pai David, sendo eu un rapaz pequeno, que non sabe nin conducirse.


Concédelle, pois, ó teu servo un corazón atento, que saiba gobernar ben o teu pobo e distinguir o ben e o mal. Quen, se non, podería gobernar este pobo tan grande?"


Porque quen son eu e quen é o meu pobo para que poidamos facer estas ofrendas voluntarias? Todo vén de ti, e o que voluntariamente che ofrecemos de ti recibímolo.


Moisés respondeulle: —"Se non me fan caso os israelitas, como mo vai facer o faraón, sendo eu tan torpe de palabras?"


Entón eu díxenlle: —Ai, meu Señor, Deus! Repara en que non sei falar, que son un rapaz.


para estes somos un cheiro de morte, para morte; para os outros, un recendo de vida, para vida. E nestas cousas, hai alguén capaz abondo?


Non é que de noso teñamos aptitudes para poder apuntar nada na nosa conta coma cousa propia: a nosa capacidade vénnos de Deus,


E replicoulle: —"Perdón, meu Señor, de que xeito vou eu salvar a Israel? Velaquí que o meu clan é o máis pobre de Menaxés e eu son o máis novo da casa de meu pai".


David respondeulle a Xaúl: —"Quen son eu e quen a familia de meu pai, para poder chegar a ser xenro do rei?"


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan