Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 3:1 - Biblia SEPT

1 Moisés pastaba os rabaños de seu sogro Ietró, sacerdote de Madián. Levaba polo deserto os rabaños, e unha vez chegou ata a montaña de Deus, o Horeb.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 3:1
33 Iomraidhean Croise  

Elías marchou de alí e encontrouse con Eliseo, fillo de Xafat, que araba con doce xuntas, levando el a derradeira. Elías pasou a carón del e botoulle enriba o seu manto.


Ergueuse Elías, comeu e bebeu e, coa forza daquel sustento, andou corenta días coas súas noites, ata o monte de Deus, o Horeb.


No Horeb fixeron un touro, adoraron un ídolo,


Eu presentareime diante túa alá no Horeb, onda o penedo. Ti baterás o penedo, e sairá auga del para que o pobo beba". Moisés fíxoo así, á vista dos anciáns de Israel.


Despois Ietró, sogro de Moisés, ofreceu a Deus sacrificios e holocaustos. Aharón e todos os anciáns de Israel viñeron e comeron con el na presenza de Deus.


e que estean preparados para de aquí a tres días, pois no terceiro día baixará o Señor sobre o monte Sinaí, á vista de todo o pobo.


Procedentes de Refidim, chegaron ó deserto do Sinaí e acamparon alí, ó pé do monte.


Moisés subiu ó encontro de Deus, e o Señor chamouno desde a montaña, para mandarlle dicir ós descendentes de Xacob, comunicarlles ós israelitas:


chegaron sete fillas que tiña o sacerdote de Madián, para sacaren auga e con ela encher os píos e abeberar o rabaño de seu pai.


En volvendo elas onda seu pai Reuel, este preguntoulles: —"Como é que vides tan cedo hoxe?"


Moisés aceptou habitar con Reuel, e este deulle por muller a súa filla Séfora.


Moisés foi, co seu axudante Xosué, e subiu ó monte de Deus.


Respondeulle Deus: —"Eu estarei contigo. E este será o sinal de que eu te mando: Cando saques o pobo de Exipto, adoraredes a Deus nesta montaña".


Díxolle Deus: —"Non te achegues aquí. Tira as sandalias dos pés, pois o sitio onde estás é terra sagrada".


Os israelitas desprendéronse das galas que levaban, desde o monte Horeb.


Moisés volveu para a casa de seu sogro Ietró e díxolle: —"Quero volver a Exipto, onde están meus irmáns, para ver se aínda viven". Respondeulle Ietró: —"Vai en paz".


O Señor díxolle a Aharón: —"Diríxete ó deserto, ó encontro de Moisés". El foi, encontrouse con el na montaña de Deus e bicouno.


Palabras de Amós, que pertenceu ó gremio dos pastores de Técoa, do que viu no tocante a Israel en tempos de Ozías, rei de Xudá, e en tempos de Ieroboam, fillo de Ioax, rei de Israel, dous anos antes do terremoto.


Moisés díxolle a Hobab, fillo de Reuel, madianita, sogro de Moisés: —"Nós partimos para o lugar, do que nos dixo o Señor: Héivolo dar a vós. Ven connosco e habémoste de tratar ben, pois o Señor prometeu o ben a Israel".


E partiron do monte do Señor e andaron o camiño de tres días. A Arca da Alianza do Señor ía diante deles durante os tres días de camiño, para buscarlles sitio onde repousar.


Había naquela comarca uns pastores que pasaban a noite ó descuberto vixiando o seu rabaño.


Logo de corenta anos, aparecéuselle un anxo no deserto do monte Sinaí, na lapa do lume dunha silveira.


Para viren desde o Horeb ata Cadex Barnea pola serra de Seir cumpríronlles once días.


"O Señor, noso Deus, falounos no Horeb, nestes termos: xa levades vivindo de abondo nestas serras.


O día que estiveches no Horeb na presenza do Señor, o teu Deus, o Señor díxome: Xúntame en asemblea a este pobo, e fai que escoite as miñas palabras, para que aprendan a respectarme todos os días que vivan nesa terra e para que llelas aprendan a seus fillos.


Mais Héber, o quenita, arredárase dos outros quenitas —dos fillos de Hobab, o sogro de Moisés—, e foi montar a súa tenda alá onda a aciñeira de Saanaim, onda Quédex.


Samuel preguntoulle a Ixaí: —"Xa non tes máis rapaces?" E el respondeulle: —"Queda aínda o pequeno, que está gardando as ovellas". Samuel díxolle: —"Pois manda que o traian, xa que non nos sentaremos á mesa ata que el chegue".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan