Este era fillo dunha muller viúva, da tribo de Naftalí, e dun home de Tiro. Traballaba o bronce e estaba dotado de gran coñecemento, pericia e habilidade para facer traballos en bronce. Veu onda o rei Salomón para realizar os seus encargos.
Deus deulles moita habilidade para levaren a termo calquera sorte de traballo de arte, recamado de púrpura violácea, escarlata e carmesí, para proxectar e para realizar calquera obra".
Besalel, Oholiab e todos os homes destros, ós que o Señor dera sabedoría e intelixencia para saberen facer a obras destinadas ó culto sagrado, puxéronse ó traballo conforme o mandara o Señor.
Moisés chamou a Besalel, a Oholiab e a todos os homes destros, ós que o Señor dera habilidade e a cantos estaban dispostos a pó-la súa parte na realización das obras,
Descansará sobre el o Espírito do Señor, espírito de sabedoría e discernimento, espírito de consello e fortaleza, espírito de ciencia e temor do Señor.
Entón Xosué, fillo de Nun, estaba cheo de espírito de sabedoría, xa que Moisés lle impuxera as súas mans, e os fillos de Israel fixéronlle caso e comportáronse tal coma o Señor llo mandara a Moisés.