8 O altar faralo oco e de táboas, conforme o modelo que che mostrei na montaña.
Entregou David ó seu fillo o trazado do pórtico e as súas dependencias e oficinas, das salas, das cámaras e do lugar para o propietario.
Todo isto, conforme ó que escribira Iavé da súa man para facer entender todos os detalles do deseño.
Coida de facelo todo conforme o modelo que che mostrei na montaña.
Faredes o tabernáculo e os utensilios para o culto conforme o modelo que eu che indicarei.
Inutilmente me renden culto, porque a doutrina que ensinan non son máis ca costumes humanos.
Os nosos pais tiñan no deserto a tenda da Alianza, como ordenara aquel que lle dixo a Moisés que a fixese conforme ó modelo que vira.
Aínda que estes dan culto a un asomo, a unha sombra das realidades celestes, conforme ó que se lle revelou a Moisés cando estaba para construír a tenda — santuario: "Olla que has de facer todo, segundo o exemplo que se che mostrou no monte".