As culleres, os coitelos, as cuncas, as copas e os braseiros de ouro puro; os gonzos de ouro para as portas do camarín ou santísimo, e para as do santuario.
ouro puro para os garfos, os caldeiros e as xerras; e así mesmo, o correspondente para as copas de ouro segundo o peso de cada copa, e para as copas de prata, segundo o peso de cada copa;
Despois collerá o incensario, cheo de brasas do lume que arde enriba do altar diante do Señor, e, enchendo as súas mans de incenso aromático moído, entrará con todo máis aló do veo.
Sobre el porán todos os utensilios usados no servizo: os braseiros, as tenaces, e os tridentes, os garfos e as pás, e todos os outros utensilios do altar, e estenderán enriba unha pel de teixugo e colocaranlle os varais.