Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 27:2 - Biblia SEPT

2 Nos catro ángulos faraslle saíntes coma cornos, que revestirás de bronce.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 27:2
19 Iomraidhean Croise  

Adonías tivo medo de Salomón e foise agarrar dos cornos do altar.


Chegoulle a nova a Ioab, que fora do partido de Adonías, mais non do de Abxalom, e foi buscar abeiro no santuario de Señor, agarrándose dos cornos do altar.


Aquel mesmo día consagrou o rei o adro interior, que está diante do templo do Señor. Alí ofreceu os holocaustos, as oblacións e a graxa dos sacrificios de comuñón, pois o altar de bronce que estaba ante o Señor era pequeno de máis para que coubesen nel os holocaustos, as oblacións e a graxa dos sacrificios de comuñón.


O altar de bronce que estaba diante do Señor, guindouno da fronte do templo, de entre o templo e o altar novo, e púxoo do lado norte do altar novo.


Construíu tamén un altar de bronce de vinte cóbados de longo, vinte cóbados de ancho e dez cóbados de alto.


O Señor é Deus: El dános a luz. Ordenade festa con ramos ata á beira do altar.


Para o altar farás, sempre de bronce, caldeiros para a cinsa, paletas, aspersorios, tenaces e braseiros.


Collerás un pouco do seu sangue e mollarás cos dedos os cornos do altar. O resto do sangue verteralo ó pé do altar.


Con el fixéronse os baseamentos da entrada da Tenda do Encontro, o altar de bronce coa súa reixa e os obxectos todos do altar,


A sagrada elevación da ara tiña catro cóbados; e do divino fogón saían os catro cornos.


Sairá de cara ó altar, que está diante do Señor, e fará a súa purificación: collerá do sangue do xovenco e do sangue do chibo, e verterao arredor nas esquinas do altar.


tinguirá con sangue as esquinas do altar, que está na Tenda do Encontro diante do Señor, e verterá todo o resto do sangue ó pé do altar dos holocaustos, que está no limiar da Tenda do Encontro.


O sacerdote collerá do sangue do animal e cos seus dedos tinguirá as esquinas do altar dos holocaustos. O resto do sangue verterao ó pé do mesmo.


Tinguirá despois o sacerdote co sangue as esquinas do altar do incenso recendente, que está diante do Señor na Tenda do Encontro, e todo o resto do sangue da vítima verterao ó pé do altar dos holocaustos, situado no limiar da Tenda do Encontro.


Moisés degolouno e, mollando os seus dedos no sangue, asperxeu con el as esquinas do altar arredor para purificalo; verteu o resto do sangue ó pé do altar para consagralo, facendo o rito de expiación por el.


O Señor dos Exércitos protexeraos, pero as pedras da súa fonda devorarán e esmagarán; si, beberán sangue coma viño, e encheranse coma a copa dos sacrificios, coma os cornos do altar.


Tiñan ó seu cargo o coidado da Arca, da mesa, do candelabro, dos altares e demais utensilios sagrados do culto, da cortina e de todo o que se precisa no seu servizo.


Deste xeito, por dous feitos inmutables de Deus, nos que é imposible que minta, temos unha forte consolación os que buscamos agarimo en podermos apreixar os bens prometidos que esperamos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan