Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 27:1 - Biblia SEPT

1 Farás o altar de madeira de acacia, cadrado, de cinco cóbados de longo, cinco de ancho e tres de alto.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 27:1
20 Iomraidhean Croise  

Aquel mesmo día Gad foi onda David e díxolle: —"Vai e edifícalle ó Señor un altar na eira de Araunah o iebuseo".


O altar de bronce que estaba diante do Señor, guindouno da fronte do templo, de entre o templo e o altar novo, e púxoo do lado norte do altar novo.


Os fillos de Israel déronlles ós levitas estas cidades cos seus contornos.


Construíu tamén un altar de bronce de vinte cóbados de longo, vinte cóbados de ancho e dez cóbados de alto.


Entón Xosué, fillo de Iosadac, púxose en pé cos seus irmáns os sacerdotes; como tamén Zerubabel fillo de Xealtiel, cos seus irmáns, e empezaron a construír o altar do Deus de Israel para ofreceren nel holocaustos, como manda a lei de Moisés, home de Deus.


Moisés construíu un altar ó Señor, e chamoulle Señor, miña — bandeira,


Moisés puxo por escrito todas as palabras do Señor. O día seguinte Moisés ergueuse cedo, construíu un altar na aba da montaña e chantou doce estelas, polas doce tribos de Israel.


o altar dos holocaustos con todos os seus utensilios e a pía coa súa base,


o altar dos holocaustos, coa súa reixa de bronce, cos seus varais e con todos os seus trebellos, e a pía coa súa base;


o altar de bronce coa súa reixa de bronce, cos seus varais e outros trebellos, a pía co seu fuste;


Unxirás tamén o altar dos holocaustos con todos os seus utensilios; consagraralo e será sacrosanto.


A entrada da Tenda do Encontro puxo o altar dos holocaustos e enriba del ofreceu holocaustos e ofrendas, como o Señor lle mandara a Moisés.


Na entrada do tabernáculo da Tenda do Encontro porás o altar dos holocaustos.


Tiñan ó seu cargo o coidado da Arca, da mesa, do candelabro, dos altares e demais utensilios sagrados do culto, da cortina e de todo o que se precisa no seu servizo.


Limparán as cinsas do altar e estenderán enriba o pano de púrpura.


Sobre el porán todos os utensilios usados no servizo: os braseiros, as tenaces, e os tridentes, os garfos e as pás, e todos os outros utensilios do altar, e estenderán enriba unha pel de teixugo e colocaranlle os varais.


Nós temos un altar do que non teñen dereito a comer os que dan culto no templo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan