Entón o Señor sobre o templo do monte de Sión e sobre a súa xuntanza creará de día unha nube; e de noite, fume e labarada resplandecente coma un dosel sobre a Gloria do Santuario.
O coidado dos fillos de Guerxón, tanto na Tenda do Encontro coma no Tabernáculo, estaba a tenda mesma, a súa cuberta e a cortina de entrada na Tenda do Encontro,
levarán as cortinas do Tabernáculo e da Tenda do Encontro, as súas cubertas e os coiros de teixugo que se usan para cubrilos por riba, a cortina da entrada da Tenda do Encontro,
senón que sexa a personalidade escondida dentro, no corazón, co adorno indeformable dun espírito agarimoso e sereno; isto si que é algo precioso ós ollos de Deus.
Tamén os mozos habedes ser ben guiados cos responsables. No trato cos demais revestídevos todos vós dun pensar humilde, porque Deus oponse ós soberbios, pero concédelles a graza ós humildes.