Na Arca non había cousa fóra das dúas táboas de pedra que puxera alí Moisés, no monte Horeb, cando o Señor concluíu cos israelitas a Alianza, logo de saíren de Exipto.
Pero agora fará conmover a pobos numerosos: por causa del os reis pecharán a súa boca, porque contemplarán o que nunca se lles contou, e comprenderán o que nunca escoitaron.
non coma a alianza que pactei cos seus pais, o día no que os collín pola man para os sacar do país de Exipto; pois eles quebrantaron o meu pacto, aínda que eu seguín sendo o seu Señor —é o Señor quen fala—.
Volvín pasar onda ti e fixeime en ti: Velaí, a túa idade era a idade do namoro; estendín o meu manto sobre ti e cubrín a túa nudez; comprometinme contigo con xuramento, e entrei en alianza contigo —é o meu Señor, Iavé, quen fala— e fuches miña.
Moisés colleu do aceite da unción e do sangue pousado enriba do altar e asperxeu con el a Aharón e as súas roupas, ós seus fillos e as súas roupas, e consagrou a Aharón e os seus vestidos, xunto cos seus fillos e as súas roupas.
Canto peor castigo coidades que merecerá un que tripou no Fillo de Deus, que considerou cousa profana o sangue da alianza, co que fora consagrado, e que aldraxou ó Espírito da graza?
ós que xa Deus Pai tiña escollidos e a quen santificou co Espírito para obedeceren a Xesús Cristo e para asperxelos co seu sangue. Para vós graza e paz con toda abundancia!