Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 24:7 - Biblia SEPT

7 Despois colleu o libro da alianza e leullo en voz alta ó pobo. Este respondeu: —"Faremos todo o que dixo o Señor, e obedeceremos".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 24:7
17 Iomraidhean Croise  

Na Arca non había cousa fóra das dúas táboas de pedra que puxera alí Moisés, no monte Horeb, cando o Señor concluíu cos israelitas a Alianza, logo de saíren de Exipto.


Así o xuraron ó Señor a grandes voces, entre clamores e ó son de trompetas e cornos.


—"Congregade ante min os meus fieis, que cun sacrificio fixeron comigo alianza".


Coa boca tratábano de enganar; coa lingua, de lle mentir.


O pobo todo a unha respondeu: —"Faremos todo o que dixo o Señor". Moisés volveu onda o Señor coas palabras do pobo.


Así fala o Señor, Deus de Israel: —Eu son quen fixo un pacto con vosos pais o día que os saquei do país de Exipto, da casa de escravos, nestes termos:


Sexa favorable ou desfavorable, farémoslle caso á voz do Señor, noso Deus, o digno de confianza a quen nós te mandamos, para que a sorte nos sexa boa. De certo, farémoslle caso á voz do Señor, o noso Deus.


Volvín pasar onda ti e fixeime en ti: Velaí, a túa idade era a idade do namoro; estendín o meu manto sobre ti e cubrín a túa nudez; comprometinme contigo con xuramento, e entrei en alianza contigo —é o meu Señor, Iavé, quen fala— e fuches miña.


Non temos todos nós un único Rei? Non vos criou a todos o único Deus? Por que traizoamos cada un ó seu irmán, violando a alianza de nosos pais?


Despois da lectura da Lei e dos Profetas, os xefes da sinagoga mandáronlles dicir: Irmáns, se tedes algunha palabra para animar o pobo, falade.


E cando leades esta carta, facede de xeito que tamén se lea na Igrexa dos de Laodicea; e a de Laodicea lédea vós tamén.


Esconxúrovos polo Señor a que se lles lea esta carta a todos os irmáns.


Respondeu o pobo: —"Serviremos o Señor, o noso Deus, e escoitaremos a súa voz".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan