Rexeitaron os seus mandatos, a alianza que el concluíra con seus pais, e os avisos que lles dera. E fóronse detrás de vaidades, facéndose vans eles mesmos, e coas xentes dos seus arredores, aínda que o Señor lles mandara que non fixesen coma eles.
Collede un ramallo de hisopo, molládeo no sangue que recollades nun recipiente, e unxide con el o lintel e as xambas da porta. E que ninguén saia da porta da casa para fóra, namentres non amañeza.
Degolarás o carneiro, collerás do seu sangue e mollarás con el o lóbulo da orella dereita de Aharón e os das orellas dos seus fillos, e tamén os polgares das súas mans e as dedas dos seus pés dereitos, e despois verterás o sangue ó redor do altar.
non coma a alianza que pactei cos seus pais, o día no que os collín pola man para os sacar do país de Exipto; pois eles quebrantaron o meu pacto, aínda que eu seguín sendo o seu Señor —é o Señor quen fala—.
Sacrificará o xato diante do Señor e os sacerdotes, fillos de Aharón, ofrecerán o sangue, verténdoo arredor enriba do altar, que está á porta da Tenda do Encontro.
Imporá a súa man sobre a cabeza da súa vítima e sacrificaraa no limiar da Tenda do Encontro. Os sacerdotes, fillos de Aharón, asperxerán co sangue por enriba do altar e arredor.
imporá a súa man sobre a cabeza da vítima e sacrificaraa diante da porta da Tenda do Encontro. Os fillos de Aharón asperxerán co sangue o altar por riba e arredor.
non coma a alianza que fixen con seus pais, cando os collín pola man, para os sacar de Exipto: porque eles non permaneceron fieis á miña alianza, e tamén eu me desentendín deles, di o Señor.
pois Moisés, logo que lle leu a todo o pobo os preceptos que se conteñen na Lei, colleu o sangue dos becerros xunto con auga, con lá rubia e mais con hisopo e asperxeu no libro e na xente toda,
ós que xa Deus Pai tiña escollidos e a quen santificou co Espírito para obedeceren a Xesús Cristo e para asperxelos co seu sangue. Para vós graza e paz con toda abundancia!