Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 24:3 - Biblia SEPT

3 Moisés veu e expúxolle ó pobo as palabras do Señor e as súas decisións, e o pobo a unha respondeu: —"Faremos todo o que dixo o Señor".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 24:3
23 Iomraidhean Croise  

Así o xuraron ó Señor a grandes voces, entre clamores e ó son de trompetas e cornos.


Todo Xudá festexou o xuramento e fixérono de corazón, buscando o Señor con sincera vontade; El deixouse encontrar por eles e concedeulles paz cos seus veciños.


—"Congregade ante min os meus fieis, que cun sacrificio fixeron comigo alianza".


O pobo todo a unha respondeu: —"Faremos todo o que dixo o Señor". Moisés volveu onda o Señor coas palabras do pobo.


Soamente Moisés se aproximará ó Señor, pero non os outros. E o pobo que non suba".


Despois colleu o libro da alianza e leullo en voz alta ó pobo. Este respondeu: —"Faremos todo o que dixo o Señor, e obedeceremos".


que eu mandei a vosos pais, o día en que os saquei do país de Exipto, dun forno de fundir ferro, dicíndolles: "Facédelle caso á miña voz, e poñede por obra o que vos indico; conforme a todo o que vos mandei: así seredes para min o meu pobo, e eu serei para vós o voso Deus".


Así fala o Señor, Deus de Israel: —Eu son quen fixo un pacto con vosos pais o día que os saquei do país de Exipto, da casa de escravos, nestes termos:


Chegou a promesa que pactei convosco cando saïades de Exipto, o meu espírito mantense firme no medio de vós: non teñades medo.


Non temos todos nós un único Rei? Non vos criou a todos o único Deus? Por que traizoamos cada un ó seu irmán, violando a alianza de nosos pais?


Amarás o Señor, o teu Deus, e gardarás o que El mande: os seus preceptos os seus decretos e os seus mandamentos todos os días.


E agora, Israel, escoita as leis e decretos que eu vos ensino a cumprir para que vivades, entredes e tomedes posesión da terra que o Señor, Deus dos vosos pais, vos entrega.


Estas son as normas, preceptos e decretos que lles promulgou Moisés ós fillos de Israel, cando saíron de Exipto.


Velaí que, tal e como o Señor, o meu Deus mo mandara facer, vos ensinei mandamentos e preceptos, para que obrásedes conforme eles dentro da terra onde ides entrar para tomardes posesión dela.


Moisés convocou a todo Israel e díxolle: —"Escoita, Israel, estes mandatos e decretos que eu promulgo ós vosos oídos neste día, para que os aprendades e coidedes de os pór en práctica.


Pero ti, queda aquí comigo, que che vou ditar eu mesmo todos os mandamentos e preceptos e ordes que lles ensinarás a eles para que os poñan en práctica no país do que lles vou dar posesión.


Estes son os mandamentos, os preceptos e as ordes que o Señor, voso Deus, mandou ensinarvos, para que os puxésedes en práctica no país ao que ides pasar, para collelo en posesión;


Respondeulle o pobo a Xosué: —"Non!, pois nós serviremos ó Señor".


Dixo entón Xosué ó pobo: —"Vós sodes testemuñas contra vós mesmos de que escollestes servir ó Señor". E dixeron eles: —"Certo, somos testemuñas".


Respondeu o pobo: —"Serviremos o Señor, o noso Deus, e escoitaremos a súa voz".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan