Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 24:12 - Biblia SEPT

12 O Señor díxolle a Moisés: —"Sube á montaña e queda onda min. Dareiche as táboas de pedra coa lei e cos mandamentos que escribín, para que llos ensines ó pobo".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 24:12
21 Iomraidhean Croise  

Díxolle o Señor: —"Sae de aí e fica de pé no monte, diante do Señor. Porque o Señor vai pasar". Nisto veu un rexo furacán, que fendía os montes e cuarteaba os penedos diante do Señor. Mais non estaba o Señor no furacán. Despois do furacán houbo un tremor de terra; mais tampouco no tremor de terra estaba o Señor.


Esdras, en efecto, entregárase de cheo a buscar a Lei do Señor, a poñela en práctica e a ensinar a Israel os mandamentos e costumes.


Baixaches ó monte Sinaí, e falácheslles desde o alto dos ceos; décheslles os teus mandamentos, que son leis xustas, normas verdadeiras, estatutos e preceptos excelentes.


Décheslles a coñecer o teu santo sábado, décheslles ordes, mandatos e unha Lei, por medio do teu servo, Moisés.


Aínda que o teu servo os quere cumprir e pon coidado en gardalos,


Moisés subiu ó encontro de Deus, e o Señor chamouno desde a montaña, para mandarlle dicir ós descendentes de Xacob, comunicarlles ós israelitas:


Moisés subiu á montaña, que estaba cuberta pola nube.


Moisés entrou na nube, subiu á montaña e quedou alí corenta días coas súas noites.


Soamente Moisés se aproximará ó Señor, pero non os outros. E o pobo que non suba".


Cando o Señor rematou de falar con Moisés no monte Sinaí, entregoulle as dúas táboas da alianza, táboas de pedra escritas polo dedo de Deus.


Vendo o pobo que Moisés se demoraba en baixar da montaña, xuntouse ó redor de Aharón e díxolle: —"Anda, fainos un deus que vaia diante de nós, pois ese Moisés, o home que nos sacou de Exipto, non sabemos que foi del".


O Señor díxolle a Moisés: —"Labra dúas táboas de pedra, o mesmo cás primeiras. Eu escribirei nelas as palabras que había nas que rompiches.


Velaquí o pacto que eu hei pactar coa casa de Israel despois deses días —é o Señor quen fala—: Hei meter a miña lei nas súas entrañas, escribireina nos seus corazóns, serei para eles o seu Deus, e eles serán para min o meu pobo.


E quen falte a un destes mandamentos máis pequenos e así llelo ensine a facer ós outros, será declarado o máis pequeno no Reino dos Ceos; pero quen os cumpra e ensine será declarado grande no Reino dos Ceos.


Nótasevos que sodes unha carta de Cristo, redactada por nós, e non escrita con tinta senón co Espírito do Deus vivo; e non en táboas de pedra, senón en táboas de corazóns de carne.


Se aquela oferta de morte (letras gravadas na pedra) se volveu gloria, ata o punto que os israelitas non podían fitar o rostro de Moisés, "polo resplandor do seu rostro" (efémero e todo como era),


Entón a min mandoume o Señor que vos ensinase os mandamentos e decretos, para que os puxésedes en práctica na terra na que iades entrar para tomardes posesión dela.


Estes mandamentos ditoullos o Señor con forte voz a toda a vosa asemblea na montaña, desde o medio do lume, da nube e do escuro nubrado. Non engadiu máis nada, senón que os escribiu en dúas lousas de xisto, e entregoumos a min.


Pero ti, queda aquí comigo, que che vou ditar eu mesmo todos os mandamentos e preceptos e ordes que lles ensinarás a eles para que os poñan en práctica no país do que lles vou dar posesión.


co altar de ouro para o incenso e a arca da alianza cuberta de ouro por todos os lados; nela había unha caixa de ouro co maná, a vara reverdecida de Aharón e mais as táboas da alianza.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan