Miqueas dixo aínda: —"Agora escoita a palabra do Señor. Vin o Señor sentado no seu trono, e todo o exército do ceo onda el, á súa dereita e á súa esquerda.
Desde os trinta anos, no día quinto do mes cuarto, cando eu me atopaba entre os deportados onda o río Quebar, véuseme abrindo o ceo e veño tendo visións de Deus.
Entón tiven unha visión: enriba da plataforma que estaba sobre a cabeza dos querubíns había coma unha pedra de zafiro, cun aspecto parecido ó dun trono, que se vía por enriba deles.
Cara a cara falo con el, en visión directa e non por enigmas, e contempla a figura do Señor. Como non temestes vós falar contra o meu servo, contra Moisés?"
A Deus non o deu visto nunca ninguén; pero, se nós nos amamos uns ós outros, Deus está en comuñón connosco e o seu amor faise realidade cumprida en nós.
Na man dereita tiña sete estrelas e da boca saíalle unha espada de dous fíos ben afiada. A cara resplandecíalle coma o sol cando dá con toda a súa forza.