O Señor respondeulle: —"Anda, baixa, e sube despois con Aharón. E que nin os sacerdotes nin o pobo traspasen os lindeiros para subir onda o Señor, non sexa que rompa contra eles".
O Señor díxolle a Moisés: —"Voume acercar a ti na mesta nube, para que o pobo oia como falo contigo e para que en diante crea en ti". Moisés levoulle ó Señor a resposta do pobo.
E alí, tamén ó arredor, setenta homes dos anciáns da Casa de Israel, con Iezanías, fillo de Xafán no medio deles; estaban de pé cara ás imaxes; cada un tiña o seu incensario na man e o perfume da nube de incenso subía.
O Señor respondeulle a Moisés: —"Xúntame setenta homes de entre os anciáns de Israel, dos que ti saibas que son anciáns do pobo e conselleiros. Lévaos diante da Tenda do Encontro, e que estean contigo.
Logo eu escollín para pór á fronte das vosas tribos homes de experiencia e instruídos, e púxenos á vosa fronte: xefes de mil, xefes de cento, xefes de cincuenta e xefes de dez, para cada unha das vosas tribos.