Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 23:8 - Biblia SEPT

8 Non admitas regalos, pois os regalos cegan mesmo ós asisados e torcen o dereito dos xustos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 23:8
20 Iomraidhean Croise  

o que non presta con usura o seu diñeiro e non se deixa subornar contra o inocente. Quen así se comporte, endexamais non perecerá.


que leva o crime nas mans, chea de suborno a súa dereita.


O famento de lucro arruína a súa casa; quen odia os regalos interesados, vivirá.


O malvado tira do peto o suborno, para desviar o curso da xustiza.


O suborno é un amuleto ós ollos de quen o emprega: onde queira se torne, terá éxito.


A fortuna amorea amigos, mais o pobre é abandonado polo propio veciño.


E outra cousa sen tino: a chantaxe pode facer tolear o Sabio e o suborno corromperlle o bo xuízo.


Non sigades traendo ofrendas vas: o seu fume é abominación para min. Non luxedes a xuntanza na festa da Lúa Nova e no sábado, que non soporto a iniquidade e a opresión.


Os teus xefes volvéronse rebeldes. Os teus compañeiros, un fato de ladróns. Pola calada aman o suborno, mira como corren tralos regalos; ó orfo non lle fan xustiza, e o preito da viúva non chega onda eles.


O que se comporta con xustiza e fala o que é correcto, o que rexeita as ganancias da opresión, o que sacode a súa man para non coller subornos, o que pecha os seus oídos para non verter sangue, o que pecha os seus ollos para non favorecer a maldade.


Ai dos valentes para beber viño, e dos resistentes en mesturar licores,


dos que declaran ó culpable inocente por un regalo e apartan do inocente a sentencia favorable!


En ti acéptanse regalos para verter sangue, ti cobras intereses de usura e enriquéceste violentamente á conta dos teus próximos; pero a min esquecéstesme, —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.


A apostasía dos que beben no templo; dáse de cheo á prostitución, a fornicar: aman as vergonzas do seu protector!


Ben sei eu dos vosos innumerables delitos e dos vosos enormes pecados, asoballades o honrado, aceptades de suborno que torcedes o dereito do pobre no tribunal.


As súas mans están adestradas para o mal: o príncipe asoballa, o xuíz extorsiona por diñeiro, e o grande fala a palabra do seu propio apetito,


pois o Señor, o teu Deus, é Deus dos deuses, Señor dos señores, o Deus grande, poderoso e temible; é imparcial e non acepta o suborno;


Non violentes o xuízo, nin te fixes nas caras dos litigantes, nin collas regalos: pois o regalo cega os ollos dos sabios, e perverte a causa dos xustos.


Aquí me tedes. Testemuñade contra min na presenza do Señor e na do seu unxido. A quen lle quitei un boi? A quen, un burro? A quen asoballei? A quen causei prexuízo? De quen aceptei un agasallo que me fixese pechar os ollos ante a súa conduta? Falade e devolveréivolo".


Pero os fillos non seguiron o camiño de Samuel, senón que se deixaron levar pola cobiza, aceptando regalos e torcendo o dereito.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan