El respondeu: —"Ardo en celos polo Señor, Deus dos exércitos, porque os israelitas abandonaron a túa alianza, derrubaron os teus altares e mataron polo fío da espada os teus profetas. Quedo soamente eu, e búscanme para matarme".
Entón o rei Sedecías deu a orde de que detivesen a Xeremías no patio de garda e de que lle desen ó día unha bola de pan —da Rúa dos Panadeiros—, ata que se acabase o pan da cidade. Deste xeito viviu Xeremías no patio da garda.
Meu señor, meu rei, estes homes cometeron unha inxustiza con todo o que lle fixeron a Xeremías, o profeta, e con botalo na cisterna; vai morrer onde está por falta de pan, xa que non hai pan na cidade.
Respondeume: —A iniquidade da Casa de Israel e de Xudá é grande, grande abondo; o país está cheo de sangue e a cidade está chea de inxustiza; pois din: "O Señor abandonou o país, o Señor xa non ve".
No xuízo non teñades en conta o aspecto das persoas: atendede ao pequeno o mesmo ca ao grande; non lle teñades medo á presenza de ninguén, pois o xuízo é cousa que lle pertence ao Señor. O preito que vos resulte difícil traédemo a min, que eu o escoitarei.
Non violentes o xuízo, nin te fixes nas caras dos litigantes, nin collas regalos: pois o regalo cega os ollos dos sabios, e perverte a causa dos xustos.
E, se vos anoxa servir ó Señor, escollede hoxe a quen ides servir: se ós deuses que serviron vosos pais na outra banda do río, ou ós deuses dos amorreos, os da terra que habitades. Eu e mais a miña familia serviremos ó Señor".
Xaúl e o seu exército perdoáronlles a vida a Agag e ás mellores ovellas e vacas, ó gando cebado, ós cordeiros e a todo o que era bo, e non os exterminaron. Só consagraron ó anatema o desprezable e de pouco valor.