Moisés respondeulles: —"Iso é o que tiña dito o Señor. Mañá é día de lecer, dedicado ó Señor. Cocede hoxe o que teñades que cocer, guisade o que teñades para guisar, e todo o que vos sobre, gardádeo para mañá".
Pero o sétimo deixarala en barbeito, para que poidan comer os pobres do teu pobo e pazan do que lles sobre os animais do monte. Farás o mesmo coa túa viña e coas túas oliveiras.
Por que xaxuamos, se ti non o ves? Por que afliximos a nosa gorxa, se ti non te decatas? Velaí: no día do voso xaxún atopades o voso negocio, e oprimides os vosos traballadores.
Durante seis días faredes os vosos traballos. No día sétimo gardaredes repouso total, teredes asemblea sagrada: non faredes ningún traballo, será repouso para loanza do Señor en todo país onde habitedes.
Entón o xefe da sinagoga, indignado de que Xesús curase nun sábado, díxolle á xente: Hai seis días para traballar, vide durante eses días para que vos cure e non precisamente no sábado.