11 Pero o sétimo deixarala en barbeito, para que poidan comer os pobres do teu pobo e pazan do que lles sobre os animais do monte. Farás o mesmo coa túa viña e coas túas oliveiras.
se as xentes do país veñen con mercadorías ou calquera xénero de víveres no día de sábado, non lles compraremos cousa mentres dure o sábado e durante os días de festa, e no sétimo ano deixaremos descansar os nosos campos e pagaremos toda clase de débedas.
Abofé, non nos trouxeches a un país que deita leite e mel, nin nos deches en herdanza campos e viñas! Pensas arrincar os ollos desta xente? Non iremos!"
Olla que nunca faltará o pobre no medio do país. Por isto, eu mándoche: Ábrelle cumpridamente a túa man a teu irmán, ao teu oprimido e ao teu pobre, no teu país.