Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 23:1 - Biblia SEPT

1 Non propagarás rumores mentireiros. Non te xuntarás cun malvado para dar testemuño en favor da inxustiza.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 23:1
40 Iomraidhean Croise  

volver contarlle todo: —"O servo hebreo que trouxeches, veu onda min e quería aproveitarse de min.


O rei preguntoulle: —"Onde está o fillo do teu amo?" Sibá respondeulle: —"Quedou en Xerusalén, pensando: hoxe a casa de Israel devolverame o reino de meu pai".


El respondeulle: —"Rei, meu señor, o meu criado traizooume, pois o teu servo decidira: farei que me aparellen o burro, montarei nel e irei co rei, porque o teu servo está coxo.


O que calumnie en segredo ó seu veciño fareino eu calar. Os soberbios e ós altivos non os aturarei.


Con que se vos podería pagar de abondo, linguas enganosas?


e non calumnia coa súa lingua; o que non lle fai mal ó veciño e non difama ó seu próximo;


Non me entregues ó capricho do opresor, pois érguense contra min falsas testemuñas, que respiran violencia.


Preséntanse testemuñas violentas e interróganme sobre cousas que non sei.


Non darás un testemuño falso contra o teu próximo.


Fuxe da causa mentireira. Non fagas condenar ós inocentes nin ós xustos, pois eu non declaro inocente ó malvado.


É de labios falaces o que acocha xenreiras e quen espalla calumnias é un insensato.


O home veraz conta a verdade; a testemuña falsa, a mentira.


Testemuña de lei non mente, testemuña falsa burbulla mentiras.


O malicioso presta oído a labios argalleiros, e o mentireiro ponlle a orella á lingua maldicente.


A testemuña perversa búrlase da xustiza, as bocas dos malvados engulipan o crime.


Falsa testemuña non ficará impune, nin fuxirá o perxuro da xustiza.


Testemuña falsa non ficará impune, e o perxuro perecerá.


A falsa testemuña desaparece, mais o que sabe escoitar fala para sempre.


Non fagas sen máis de testemuña contra o teu veciño, gústache enganar coa boca?


Maza, espada e frecha afiada é quen testemuña en falso contra o amigo.


O vento nordés pare chuvias; a lingua murmuradora, facianas irritadas.


quen levanta falso testemuño e quen sementa preitos entre irmáns.


Xa estou oíndo a sentencia, aumenta o terror ó arredor: "Denunciádeo, denunciémolo". Todos os que se fiaban da miña mensaxe de paz, agardan a miña caída: "A ver se se deixa seducir: poderemos con el, e vingarémonos del".


Non roubaredes, nin negaredes o prestado, e que ninguén engane ó seu próximo.


Non espallarás calumnias entre os teus conveciños, nin quedarás indiferente cando lle batan ó teu próximo. Eu son o Señor.


El preguntoulle: Cales? Non matarás, non cometerás adulterio, non roubarás, non darás falso testemuño;


Zaqueo, posto de pé, díxolle ó Señor: Señor, darei a metade de todo canto teño ós pobres e, se algo roubei a alguén, devolvereille catro veces máis.


Tamén uns soldados lle preguntaron: E nós, que temos que facer? El contestoulles: Non asoballedes nin saqueedes a ninguén, e contentádevos coas vosas pagas.


Desde cando a nosa Lei xulga un home sen antes escoitalo e investigar o que fixo?


E por que non dicir xa (como algúns con calumnia din que dicimos nós): "Fagamos o mal para que resulte o ben?". Esa xente merece a condenación.


Por iso rexeitade a mentira e dígalle cadaquén a verdade ó seu próximo, porque somos membros uns dos outros.


Non deas testemuño falso contra o teu próximo.


desamorada, falsa, calumniadora, arrogante, ríspeta, inimiga do bo,


Pero respondede con bo xeito e con respecto; tede a conciencia limpa, de xeito que os que desprezan o voso bo comportamento cristián, se vexan confundidos naquilo mesmo de que vos calumnien.


E oín un gran berro no ceo, que dicía: "Arestora chegou a vitoria, o poder, e o reino do noso Deus, así coma a soberanía do seu Mesías. Porque expulsaron o acusador dos nosos irmáns, o que os acusaba diante do noso Deus, día e noite.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan