Como está avergonzado un ladrón cando o sorprenden, así sorprendida hase avergonzar a casa de Israel, ela e mais os seus reis e os seus príncipes, os seus sacerdotes e mais os seus profetas.
—"Manda a Aharón e a seus fillos: Este é o regulamento do holocausto: a vítima arderá no lume do altar toda a noite, ata a mañá, mentres o lume do altar se mantén aceso.
O lume manterase aceso decote no altar, sen que se apague nunca. Cada mañá o sacerdote poralle leña, colocará enriba o holocausto e queimará a graxa das vítimas do sacrificio de comuñón.