5 Se se escapa o lume e pega nas silveiras e queima as medas do trigo, os palleiros ou as leiras, o que acendeu o lume pagará o queimado.
Terá que devolver os produtos sen os consumir, e non se gozará do que gañou mercando,
o dono do pozo terá que pagar o que lle valía o animal ó seu dono, pero aquel quedarase co animal morto.
Se o animal foi despezado, presentará unha proba e non terá que pagalo.
Se o boi, o asno ou a ovella que roubou se atopan no seu poder aínda vivos, terá que pagar o dobre.
Cando alguén asoballe un eido ou unha viña, deixando pacer no eido alleo o seu rabaño, pagará o dano co mellor do seu eido e da súa viña.
Cando alguén poña en depósito diñeiro ou alfaias onda outro e rouben os bens da casa deste, se aparece o ladrón, este pagará o dobre.
Abofé, non nos trouxeches a un país que deita leite e mel, nin nos deches en herdanza campos e viñas! Pensas arrincar os ollos desta xente? Non iremos!"