Cando alguén lle encargue ó seu veciño a garda dun asno, dun boi, dunha ovella ou de calquera outro animal e ese animal morre, creba un óso ou é roubado, sen que ninguén o vexa,
Faládelle ó corazón de Xerusalén; si, dicídelle ben alto que a súa milicia está cumprida, que a pena pola súa culpa está aceptada. Si, xa recibiu da man do Señor o dobre por todos os seus pecados.
Saldarei por primeira e segunda vez a súa iniquidade e mais o seu pecado, porque profanaron a miña terra cos cadáveres das súas abominacións e coas súas execracións encheron a miña herdanza.
O lume manterase aceso decote no altar, sen que se apague nunca. Cada mañá o sacerdote poralle leña, colocará enriba o holocausto e queimará a graxa das vítimas do sacrificio de comuñón.
El engadiu: —"Poño de testemuñas hoxe contra vós ó Señor e ó seu unxido, de que non atopastes na miña man cousa ningunha". Responderon eles: —"Sexan testemuñas".