Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 22:11 - Biblia SEPT

11 Pero se lle roubaron o animal á súa vista, terá que restituírllo ó seu dono.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 22:11
10 Iomraidhean Croise  

o segundo xurará polo Señor ó primeiro que non tocou os seus bens. Este terá que conformarse, pois non haberá compensación.


Se o animal foi despezado, presentará unha proba e non terá que pagalo.


En caso de prexuízo na propiedade dun boi, dun asno, dunha ovella, de roupa e de calquera cousa que falte e da que un poida dicir: é esta, levarase o caso dos dous á presenza de Deus, e aquel que Deus declare culpado pagará o dobre ó seu próximo.


Non propagarás rumores mentireiros. Non te xuntarás cun malvado para dar testemuño en favor da inxustiza.


non sexa que, farto, renegue dicindo: —"Quen é ese, o Señor?"; ou que, empobrecido, roube, aldraxando o nome de Deus.


Ti cumpre a orde do rei e non te precipites no tocante ó xuramento a Deus.


Se unha persoa peca porque, citado con xuramento como testemuña de vista ou de oído, non declarou, cargará coa súa culpa.


O sacerdote, tendo todo o seu corpo vestido con túnica e calzóns de liño, recollerá do altar as cinsas da vítima consumida polo lume e botaraas á beira do altar.


Os homes xuran sempre por quen é superior a eles; e o xuramento, por ser unha garantía, marca a fin de calquera litixio.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan