Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 21:1 - Biblia SEPT

1 Ensínalles tamén estas decisións:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 21:1
27 Iomraidhean Croise  

—"Por este templo que me estás construíndo, se camiñas conforme os meus mandatos e cumpres as miñas decisións, se gardas os meus preceptos e te guías por eles, eu mantereiche a promesa que fixen a teu pai David.


Cando vosos irmáns que habitan nas cidades vos presenten un caso de asasinato, ou ben vos consulten sobre leis, preceptos, mandatos ou decretos, instruídeos para que non se fagan culpables ante o Señor e non se derrame a súa cólera sobre vós e vosos irmáns. Se actuades así estaredes libres de culpa.


O resto do pobo, os sacerdotes, levitas, porteiros, cantores, servidores e todos os que se separaran dos pobos dos outros países para serviren á Lei de Deus, as súas mulleres e fillos, todos cantos tiñan uso de razón,


El anuncia a Xacob os seus proxectos, os seus estatutos e mandatos a Israel.


Moisés foi chamar os anciáns de Israel, para exporlles as palabras que lle mandara o Señor.


Deilles os meus preceptos e fíxenlles coñecer as miñas leis, que dan vida ó home que as cumpre.


Por iso non fun tamén eu quen lles dei preceptos que non son bos, e leis que non os fan vivir?


Vós gardaredes os meus mandamentos e os meus estatutos, e non faredes ningunha destas abominacións: nin os nativos nin os estranxeiros, que moran no medio de vós.


Aprenderedes os meus decretos e gardaredes os meus estatutos, e viviredes neles cada un de vós. Eu son o Señor.


Gardaredes todos os meus mandamentos, e seguiredes todos os meus consellos. Eu son o Señor".


Gardade todos os meus decretos e todos os meus mandatos, e cumprídeos, para que non vos vomite a terra na que eu vos vou facer entrar, a fin de que moredes nela.


A asemblea do pobo xulgará entre o que feriu e o vingador do sangue, segundo estas leis.


Estes son os preceptos e leis que prescribiu o Señor por medio de Moisés ós fillos de Israel nas planicies de Moab, xunto ó Xordán, de fronte a Xericó.


ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo.


Se teu irmán, sexa hebreo ou hebrea, se vende a ti, hate servir durante seis anos, pero no ano sétimo mandaralo marchar libre de onda ti,


Entón a min mandoume o Señor que vos ensinase os mandamentos e decretos, para que os puxésedes en práctica na terra na que iades entrar para tomardes posesión dela.


Estas son as normas, preceptos e decretos que lles promulgou Moisés ós fillos de Israel, cando saíron de Exipto.


Velaí que, tal e como o Señor, o meu Deus mo mandara facer, vos ensinei mandamentos e preceptos, para que obrásedes conforme eles dentro da terra onde ides entrar para tomardes posesión dela.


E que gran nación ten mandamentos e preceptos tan xustos coma esta lei que hoxe eu vos propoño?


Moisés convocou a todo Israel e díxolle: —"Escoita, Israel, estes mandatos e decretos que eu promulgo ós vosos oídos neste día, para que os aprendades e coidedes de os pór en práctica.


Pero ti, queda aquí comigo, que che vou ditar eu mesmo todos os mandamentos e preceptos e ordes que lles ensinarás a eles para que os poñan en práctica no país do que lles vou dar posesión.


Estes son os mandamentos, os preceptos e as ordes que o Señor, voso Deus, mandou ensinarvos, para que os puxésedes en práctica no país ao que ides pasar, para collelo en posesión;


Velaí que mañá o teu fillo che preguntará deste xeito: Que son estas normas, estes preceptos e estes decretos que o Señor, o noso Deus, vos mandou a vós?


Polo demais, irmáns, pedímosvos con insistencia coma cristiáns que, xa que aprendestes de nós como cómpre andar para contentar o Señor, que sigades así e que progresedes aínda máis.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan