Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 20:8 - Biblia SEPT

8 Pensa no día do sábado, para o faceres día santo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 20:8
22 Iomraidhean Croise  

Deus concluíu no día sexto a obra que emprendera, e o sétimo día repousou de todo o seu traballo.


Deus bendiciu o sétimo día e consagrouno: nese día repousou de todo o traballo de crear.


Neses días, vin tamén que algúns xudeus premían o lagar en sábado, outros xuntaban monllos e cargábanos nas cabalgaduras; e incluso traían a Xerusalén dese mesmo xeito viño, uvas, figos e toda clase de fardos, no sábado. Reprendinos por facer tal cousa nese día.


Décheslles a coñecer o teu santo sábado, décheslles ordes, mandatos e unha Lei, por medio do teu servo, Moisés.


Seis días traballarás, e o sétimo descansarás, para que descanse o teu boi e o teu asno, e para que teñan un respiro o teu servo e o forasteiro.


O Señor díxolle a Moisés:


Moisés reuniu a asemblea, para dicir ós israelitas: —"Estas son as ordes do Señor:


Benaventurado o home que cumpra isto e o fillo de Adam que se manteña nisto firme, gardando o sábado sen profanalo e gardando a súa man de facer calquera maldade.


Se apartas o teu pé do sábado, de faceres o que ti queres no meu día santo, se lle chamas ó sábado: "Delicia"; ó día santo do Señor: "Venerable", e se o veneras, deixando de facer as túas viaxes, de atopar os teus negocios e de tratar os teus asuntos,


Así fala o Señor: Pola vosa vida, gardádevos de levar cargas no sábado e de metelas polas portas de Xerusalén.


Non saquedes cargas das vosas casas o sábado, nin fagades ningún traballo; máis ben santificade o día do sábado conforme lles mandei ós vosos pais.


En cambio se me facedes caso —é o Señor quen fala—, non metendo cargas polas portas desta cidade no sábado, e santificando o sábado sen facer durante el ningún traballo,


santificade os meus sábados: que sirvan de sinal entre min e vós, para que se saiba que eu son o Señor, o voso Deus.


Cada un respecte a súa nai e a seu pai, e garde os meus sábados. Eu son o Señor, o voso Deus.


Gardaredes os meus sábados, e respectaredes o meu santuario. Eu son o Señor.


Durante seis días faredes os vosos traballos. No día sétimo gardaredes repouso total, teredes asemblea sagrada: non faredes ningún traballo, será repouso para loanza do Señor en todo país onde habitedes.


Gardaredes os sábados e terédeslle moito respecto ó meu santuario. Eu son o Señor.


Estando aínda os fillos de Israel no deserto, aconteceu que pillaron un home que recollía leña no día do sábado.


Reserva o día do sábado para santificalo, segundo cho mandou o Señor, teu Deus.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan