Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 20:7 - Biblia SEPT

7 Non pronunciarás en van o nome do Señor o teu Deus, pois o Señor non deixa sen castigo ó que pronuncia en van o seu nome.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 20:7
25 Iomraidhean Croise  

Isaac preguntoulle a seu fillo: —"Como a atopaches tan axiña, meu fillo?" El respondeulle: —"O Señor Deus púxoma diante".


Pero ti non o deixes sen castigo. Ti es intelixente e sabes o que has facer, para que na súa vellez baixe en sangue á sepultura".


cando Guehazí, criado do home de Deus, Eliseo, se puxo a pensar: —"O meu amo foi mirado de máis con ese arameo, Naamán, non aceptando cousa ningunha de canto lle ofrecía. Polo Señor vivo! Vou correndo tras el, a ver se me dá algunha cousa".


Arrepóñense contra ti arteiramente e nomean en van os teus proxectos.


non sexa que, farto, renegue dicindo: —"Quen é ese, o Señor?"; ou que, empobrecido, roube, aldraxando o nome de Deus.


Pero volvéstesvos atrás e profanastes o meu Nome, facendo cada un de vós volver o seu servo e a súa serva, que mandarades libres, e sometéstelos a ser servos e servas vosos.


se xuras "Vive o Señor!" (con verdade, con xustiza e con dereito), El bendicirá por ti os pobos e cubriraos de gloria.


Darei a coñecer o meu santo Nome entre o meu pobo Israel, e non deixarei que volvan profanar o meu santo Nome. Recoñecerán as nacións que eu son Iavé, o Santo de Israel.


Non xuraredes en falso no meu nome, sería aldraxar o nome do teu Deus. Eu son o Señor.


Entón achegareime a vós para o proceso xudicial, e serei acusador aleuto contra os feiticeiros e contra os adúlteros, contra os que xuran en falso e contra os que abusan do pagamento do xornaleiro, da viúva e do orfo, e rebaixan os dereitos do emigrante. Pero non me teñen medo —fala o Señor dos Exércitos—.


Pola miña parte, poño a Deus por testemuña (e que me quite a vida se vos minto) que, se aínda non volvín a Corinto, foi por consideración convosco.


O Señor o teu Deus, respectarás, a El servirás e a El has de te apegar e prestar xuramento no seu nome.


Non invocarás o nome do Señor, o teu Deus, en van, pois non deixará o Señor sen castigo ao que invoque en van o seu nome.


O Señor, o teu Deus, has de respectar, a El has de adorar; e has de facer o xuramento, invocando o seu nome.


Sobre todo, irmáns, non xuredes: nin polo ceo nin pola terra, nin por cousa ningunha; que o voso si sexa si e que o voso non sexa non, para que non vos sometan a xuízo.


E agora, volo suplico, xurádeme polo Señor que, xa que tiven misericordia convosco, habédela ter tamén vós coa casa de meu pai, e que me daredes un sinal seguro


Dixéronlle entón os homes: —"Nós queremos cumprir este xuramento que nos fixeches facer.


Pero faremos deste xeito: deixarémolos vivir, e así non virá sobre nós a cólera por mor do xuramento que lles fixemos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan