Dixen: —"Ah, Señor, Deus dos ceos, Deus grande e temible, que gardas a alianza e a fidelidade para con aqueles que te aman e cumpren os teus mandamentos,
que garda o seu amor ata a milésima xeración, que perdoa as culpas, os pecados e os erros, pero non declara inocente ó culpado, e castiga as culpas dos pais ata a terceira e a cuarta xeración".
Ti usas de fidelidade con miles e miles, mentres que devolves a iniquidade dos pais ó seo dos fillos que os suceden. Este é o gran Deus, o guerreiro valente; Señor dos Exércitos é o seu Nome.
O Señor é paciente e rico en misericordia; El perdoa a iniquidade e o crime, mais nada deixa sen castigo, pois fai purificar nos fillos as culpas dos pais ata a terceira e cuarta xeración.
e seguiches vivo diante del. Amou a teus pais e escolleu a súa descendencia despois deles, e por isto fíxote saír de Exipto na súa presenza coa súa gran forza,
Quen me dera que tivesen un corazón deste xeito, para respectarme a min sempre e para gardaren todos os meus preceptos, e para deste xeito seren felices sempre, eles e os seus fillos!
Has de saber que o Señor, o teu Deus, é Deus: Deus fiel, que mantén a súa alianza e a súa misericordia por mil xeracións cos que o aman e cumpren os seus mandamentos,