Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 20:5 - Biblia SEPT

5 Non te prostrarás diante delas nin as adorarás, pois eu, o Señor teu Deus, son un Deus celoso. No caso dos que me aborrecen, eu castigo os pecados dos pais nos fillos, nos netos e nos bisnetos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 20:5
65 Iomraidhean Croise  

No tempo de David houbo unha fame de tres anos seguidos. David consultou o Señor e o Señor respondeulle: —"Enriba de Xaúl e da súa familia está o sangue dos gabaonitas que mataron".


Que nos entreguen sete dos seus fillos para colgalos diante do Señor, en Gabaón, na montaña do Señor". David respondeulle: —"Daréivolos eu".


El respondeu: —"Ardo en celos polo Señor, Deus dos exércitos, porque os israelitas abandonaron a túa alianza, derrubaron os teus altares e mataron polo fío da espada os teus profetas. Quedo soamente eu, e búscanme para matarme".


—"Viches como se humillou Acab diante de min? Por esta humildade, non traerei a desgraza nos seus días; traereina sobre a súa familia, nos días de seu fillo".


O Señor fixera con eles un pacto e prescribíralles: —"Non temeredes outros deuses, non os adoraredes, non os serviredes, non lles ofreceredes sacrificios.


Dese xeito, aquela xente adoraba ó Señor e, ó mesmo tempo, dáballes culto ós seus ídolos. Os seus fillos e os seus netos seguen facendo o mesmo cós seus pais, ata o día de hoxe.


Con todo e iso, o Señor non se aplacou do grande noxo que collera contra Xudá, polo moito que o aldraxara Menaxés.


E que o Señor me perdoe unha cousa. Cando o meu amo entre no templo de Rimón para adoralo, apoiado na miña man, e eu mesmo me prostre tamén no templo de Rimón, que o Señor perdoe ó teu servo este feito".


A lepra de Naamán apegaráseche a ti e ós teus descendentes, para sempre". E Guehazí saíu co mal gafo de onda el, dun brancor coma de neve.


Cando Amasías volveu de derrotar ós idumeos, trouxo consigo os deuses dos seiritas, adoptounos coma deuses propios, adorounos e queimoulles incenso.


Pero se apostatades e descoidades os mandatos e preceptos que vos dei e ides dar culto a outros deuses e os adorades,


Garda Deus a miseria para os seus fillos? Que lla faga pagar a el para que o sinta!


os seus fillos non teñen axuda: asobállanos no tribunal da porta sen ninguén que os defenda;


Que o Señor teña en conta as culpas do pai e que non borre os pecados da nai.


Cos seus santuarios nos altos provocárono, cos ídolos acenderon os seus celos.


Non nos teñas en conta os pecados dos pais, chegue axiña a túa piedade, que estamos esgotados.


Abateríalle nun intre os inimigos, volvería a miña man contra os opresores.


Non te prostrarás diante dos seus deuses nin os adorarás. Non farás o que fan eles, senón que os destruirás e romperás as súas imaxes.


Non adorarás deuses alleos, porque o Señor, que leva nome de celoso, éo de verdade.


mais quen me ofende, a si mesmo se violenta, todos os que me odian, aman a morte.


A madeira sérvelle ó home para queimar, colle parte dela e acende o lume; quenta o forno e coce o pan. Tamén pode traballar un deus e prostarse ante el, pode facer un ídolo e adoralo.


Non medita, non ten saber nin intelixencia ó dicir: "Queimo a metade no lume, e sobre as súas brasas cozo o pan, aso a carne e cómoa, e do resto del fago algo abominable: adoro a póla da árbore".


Veña un trono, que vou preitear convosco! —é o Señor quen fala—. Si, cos fillos dos vosos fillos tamén preitearei.


Ti usas de fidelidade con miles e miles, mentres que devolves a iniquidade dos pais ó seo dos fillos que os suceden. Este é o gran Deus, o guerreiro valente; Señor dos Exércitos é o seu Nome.


Pero vós dicides: "por que non carga o fillo coa iniquidade do pai?" —Porque se o fillo observou o dereito e a xustiza, e se gardou todos os meus preceptos e se os puxo en práctica, vivirá certamente.


Que vos pasa a vós, que andades repetindo este dito na terra de Israel: "Os pais comeron as uvas verdes e os fillos sofren a denteira"?


Tamén lles dixen: Cada un de vós botade fóra as abominacións que vos levan os ollos, e non vos lixedes cos ídolos de Exipto. Eu son o Señor, o voso Deus.


Pero, fixádevos, así fala o Señor: —Agora eu fago volver os desterrados de Xacob e compadézome de toda a Casa de Israel, pois sinto celos polo meu santo Nome.


Alongou unha especie de man e colleume polas guedellas da cabeza; entón o Espírito levantoume entre a terra e o ceo, e en visións divinas levoume a Xerusalén, á entrada da porta interior, que dá ó norte, onde está o sitio da imaxe dos celos, a imaxe do creador.


eu mesmo tornarei o meu rostro contra o tal home e contra a súa parentela, e arrincareino do medio do seu pobo, a el e a cantos prevaricaron detrás del, prostituíndose diante de Molok.


Non vos fabricaredes deuses, nin esculturas, nin imaxes, nin levantaredes estatuas de pedra. Na vosa terra non as levantaredes para as adorar, pois eu son o Señor, o voso Deus.


Chegaredes a ter que comer a carne de vosos propios fillos, alimentarvos coa carne de vosas fillas.


(Alef) Deus celoso e vingador é o Señor. O Señor víngase dos seus adversarios, El é quen se acende en ira contra os seus inimigos.


O Señor é paciente e rico en misericordia; El perdoa a iniquidade e o crime, mais nada deixa sen castigo, pois fai purificar nos fillos as culpas dos pais ata a terceira e cuarta xeración.


e os vosos fillos andarán errantes no deserto e pagarán as consecuencias das vosas infidelidades, ata que acaben de consumirse no deserto os vosos cadáveres.


—"Pinhás, fillo de Elazar, fillo do sacerdote Aharón, desviou o meu furor contra os israelitas, mostrouse celoso por min no medio deles, e así, no meu celo, non aniquilei os fillos de Israel.


díxolle: Heiche dar todo isto se te prostras e me adoras.


Se o mundo vos aborrece, sabede que me aborreceu a min antes do que a vós.


Non pode o mundo aborrecervos a vós; pero a min aborréceme, porque eu testemuño contra el que as súas obras son ruíns.


Entón preguntáronlle os seus discípulos: Mestre, quen pecou, para que nacese cego: el ou seus pais?


murmuradores, inimigos de Deus, inxuriosos, soberbios, fachendosos, inventores de males, rebeldes cos seus pais;


Porque a cobiza da baixa condición é inimiga de Deus, posto que non se somete á Lei de Deus, nin sequera pode;


Ou é que queremos desafiar o Señor? Ou somos nós máis fortes ca El?


Eles provocaron os meus celos con quen non é deus, enfadáronme cos seus ídolos ilusos; pero eu provocarei os seus celos con quen non é pobo, cunha nación tola enfadareinos.


Afiarei o lóstrego da miña espada e a miña man collerá a xustiza; e farei volver a vinganza contra os meus adversarios e axustarei as contas cos que me odian.


pois o Señor, o teu Deus, é lume que devora, é un Deus celoso.


pero practico misericordia benfeitora por mil xeracións cos que me aman e gardan os meus mandamentos.


Non te prostrarás en adoración diante delas nin te someterás á escravitude no culto a elas, xa que eu son o Señor, o teu Deus, Deus celoso: para os que me aborrecen, castigo o delito dos pais nos descendentes ata a terceira e cuarta xeración;


porque no medio de ti está un Deus celoso, o Señor, o teu Deus: non sexa que se desafogue contra ti a ira do Señor o teu Deus e te faga desaparecer de sobre a superficie da terra.


e que llelas devolve na cara ós que o aborrecen, facéndoos desaparecer; non queda dubidoso ante o que o aborrece, senón que llelas paga en persoa.


Desleigados! Seica non sabedes que a amizade con este mundo é inimiga de Deus? E así quen quere ser amigo deste mundo faise inimigo de Deus.


Cando fendades a Alianza que o Señor, o voso Deus, vos estableceu, e vaiades e sirvades a deuses alleos, e vos prostredes diante deles, prenderase a ira do Señor contra vós e desapareceredes axiña desta boa terra que El vos deu".


nin vos xuntedes cos pobos xentís que quedaron entre vós, nin pronunciedes sequera o nome dos seus deuses, nin xuredes por eles, nin os sirvades, nin vos abatades diante deles;


E dixo Xosué ó pobo: —"Vós non sodes quen para servirdes ó Señor, pois El é un Deus santo e dado ós celos e non aturaría as vosas rebeldías nin os vosos pecados.


Pero, á morte do xuíz, volvían ás andadas, e corrompíanse aínda máis ca seus pais, indo tras dos deuses alleos, para servilos e abaixarse diante deles; non deron de man ás súas obras ruíns nin ós seus teimudos camiños.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan