Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 20:3 - Biblia SEPT

3 Non terás xunto comigo outros deuses.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 20:3
37 Iomraidhean Croise  

Cando Salomón ía xa vello, as súas mulleres levaron o seu corazón tras deuses alleos; non o tiña por enteiro co Señor, seu Deus, coma seu pai David.


tributádelle ó Señor o honor do seu nome, adorade ó Señor con ornamento sagrado.


A quen outro teño eu no ceo? Contigo xa nada cobizo na terra.


—"Non terás contigo un deus estraño, non adorarás un deus alleo.


Oe, meu pobo, que quero avisarte, escóitame ben, Israel.


Quen hai coma ti, Señor, entre os deuses, quen coma ti, excelso en santidade, terrible polas túas obras, facedor de milagres?


Non faredes deuses de prata para poñelos ó meu lado, nin vos fabricaredes deuses de ouro.


O que ofreza sacrificios a outros deuses, fóra do Señor, será condenado.


Non te prostrarás diante dos seus deuses nin os adorarás. Non farás o que fan eles, senón que os destruirás e romperás as súas imaxes.


Desviáronse axiña do camiño que eu lles indicara. Fixéronse un becerro de metal, próstranse diante del, ofrécenlle sacrificios e pregoan: Este é o teu Deus, Israel, o que te sacou de Exipto".


Non adorarás deuses alleos, porque o Señor, que leva nome de celoso, éo de verdade.


Confían no Señor para sempre, si, no Señor; o Señor é Rocha para sempre.


Eu, Iavé, este é o meu Nome! A miña gloria a outro non lla dou; nin a miña loanza ós ídolos.


Vós sodes as miñas testemuñas —é o Señor quen fala—; si, o meu servo que eu escollín, para que me coñezades e creades en min, e para que recoñezades que só eu son. Antes de min non foi formado ningún deus, e despois de min non existe ningún.


Non teñades medo nin pavor. Acaso non volo fixen oír e volo manifestei desde entón? Vós sodes as miñas testemuñas: hai acaso un Deus fóra de min? Non, non hai Penedo: eu non o coñezo".


Lembrádevos das cousas primeiras desde antigo: de que eu son Deus e non hai outro, de que son Deus e non hai coma min.


Non vos vaiades tras deuses alleos, nin os sirvades e adoredes, nin me enchades de ira coas obras das vosas mans, e deste xeito non vos farei mal".


Aínda que madruguei a mandarvos os meus servos os profetas, e repetidas veces volos mandei a dicirvos: "Arrepentídevos cada un de vós do seu mal vieiro, mellorade o voso comportamento, non vaiades tras deuses alleos para lles dar culto, e así viviredes na terra que vos dei a vós e a vosos pais", vós non prestastes oído, nin me fixestes caso.


E logo non matades, roubades, cometedes adulterios e xurades en falso? Acaso non ofrendades incenso a Baal e ides tras deuses alleos que antes nin coñeciades?


Si, eu son o Señor, o teu Deus, desde o país de Exipto, e deuses fóra de min non debes recoñecer, pois non hai outro salvador, senón eu.


Entón replicoulle Xesús: Arreda, Satán, porque está escrito: Só ó Señor, o teu Deus, adorarás, e só a El darás culto.


Así que verbo de comer as carnes sacrificadas ós ídolos, sabemos que ningún ídolo existe de verdade no mundo, nin deus ningún fóra do Único.


para nós non hai máis ca un só Deus, o Pai, de quen todo procede e para quen nós estamos feitos; nin hai máis ca un só Señor, Xesús Cristo, por quen todo existe e por quen existimos nós mesmos.


Tede por certo que quen se dea á prostitución, á inmoralidade ou á cobiza (que é unha idolatría) non herdará o Reino de Cristo e de Deus.


Non terás outros deuses na miña presenza.


Non vos vaiades tras doutros deuses, deuses dos pobos que vos rodean,


Amarás o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con todas as túas aspiracións e con toda a túa forza.


Esa xente vai acabar na perdición; o Deus dela é o bandullo; o orgullo dela está na vergonza: xente que só se interesa polas cousas terreais.


Que ninguén vos prive do premio coa súa humildade aquelada e o seu culto ós anxos: visións e visionarios que se ven enfonchados coma parvos polo seu entendemento egoísta,


Boteime ós seus pés para o adorar; pero el díxome: "Non, non o fagas! Son un servo de Deus igual ca ti e cós teus irmáns, que manteñen o testemuño de Xesús. Adora a Deus, que dar testemuño de Xesús é ter espírito profético".


Pero el díxome: "Non, iso non! Eu son compañeiro de servizo teu e dos teus irmáns os profetas e dos que fan caso das palabras deste libro: adorar, adora a Deus".


E díxenvos: Eu son o Señor, o voso Deus; non veneredes os deuses dos amorreos (os da terra onde morades). Pero non escoitastes a miña voz".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan