Iso aconteceu porque os israelitas pecaron contra o Señor, seu Deus, que os tirara de Exipto, do xugo do faraón, rei de Exipto; pero eles adoraron outros deuses.
O Señor, seu Deus, entregouno nas mans do rei sirio, que o derrotou, capturou numerosos prisioneiros e levounos a Damasco. Tamén o entregou nas mans do rei de Israel, que lle inflixiu unha gran derrota.
Moisés díxolle ó pobo: —"Lembrade este día en que saístes de Exipto, da casa da servidume, cando con man rexa vos sacou de alí o Señor. Non comades pan lévedo nese día.
Caeu enriba deles un medo tremente, o poder do teu brazo deixounos coma de pedra, namentres pasaba o teu pobo, Señor, namentres pasaba o pobo que adquiriches.
Díxolles: —"Se obedecedes ó Señor, o voso Deus, se facedes o que é debido, se cumprides os seus mandamentos e gardades as súas leis, non botarei sobre vós as pragas que botei sobre os exipcios, pois eu son o Señor que cura".
Dilles, pois, ós israelitas: Eu, Iavé, tirareivos de debaixo da carga que vos impoñen os exipcios, sacareivos da súa servidume, librareivos con brazo estendido e con grandes escarmentos.
En vez de preguntar: onde está o Señor que nos sacou de Exipto e nos deu forzas para camiñar polo deserto, por terras ermas e fragas, por terras requeimadas e sombras de morte, por sitios que ninguén pasa e onde o home non habita?
Velaquí o pacto que eu hei pactar coa casa de Israel despois deses días —é o Señor quen fala—: Hei meter a miña lei nas súas entrañas, escribireina nos seus corazóns, serei para eles o seu Deus, e eles serán para min o meu pobo.
has de lles dicir: así fala o meu Señor, Iavé: —O día no que eu escollín a Israel, xureille coa miña man erguida á liñaxe da Casa de Xacob, cando me dei a coñecer a eles, xureilles coa man levantada: Eu son o Señor, o voso Deus.
Tamén lles dixen: Cada un de vós botade fóra as abominacións que vos levan os ollos, e non vos lixedes cos ídolos de Exipto. Eu son o Señor, o voso Deus.
Non vos fabricaredes deuses, nin esculturas, nin imaxes, nin levantaredes estatuas de pedra. Na vosa terra non as levantaredes para as adorar, pois eu son o Señor, o voso Deus.
Eu son o Señor, o voso Deus, que vos saquei do país de Exipto, para vos liberar da escravitude, rompendo as cordas do voso xugo, e fíxenvos camiñar coa fronte ergueita.
Cando saias para a guerra contra os teus inimigos e vexas cabalos, carros e exército máis numeroso ca ti, non lles teñas medo, pois está contigo o Señor, o teu Deus, o que te fixo rubir do país de Exipto.
Lémbrate de que fuches servo no país de Exipto e de que te sacou de alí o Señor o teu Deus con man forte e brazo estendido. Por isto mandouche o Señor o teu Deus que observases o día de descanso sabático.
senón que foi polo amor do Señor para vós e por manter El o xuramento que lles fixera ós vosos pais, polo que o Señor vos sacou con man forte e vos rescatou da situación de escravitude, do poder do faraón, rei de Exipto.
E subiu o anxo do Señor desde Guilgal ata Boquim e dixo: —"Saqueivos de Exipto e fíxenvos entrar na terra que prometera a vosos pais; e dixen: endexamais romperei a alianza que fixen convosco.