Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 20:12 - Biblia SEPT

12 Honra a teu pai e a túa nai, para que a túa vida sexa longa na terra que o Señor teu Deus che dá.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 20:12
42 Iomraidhean Croise  

Xosé retirou os nenos de entre os xeonllos de seu pai e prostrouse por terra.


Os fillos de Xacob fixeron conforme el lles mandara.


Batxeba foi onda o rei Salomón, para falarlle de Adonías. O rei saíu ó seu encontro e saudouna cunha inclinación. Despois sentou no trono e mandou pór alí outro trono, para que a nai do rei sentara á súa dereita.


Eliseo ollaba e berraba: —"Meu pai, meu pai, carro e condutor de Israel!" Cando deixou de velo, Eliseo colleu a súa túnica e rachouna en dúas.


O que fire a seu pai ou súa nai é reo de morte.


O que maldiga a seu pai ou a súa nai é reo de morte.


O tolo despreza a corrección paterna, mais tórnase asisado quen ten en conta a reprensión.


Coroa dos vellos son os netos, e adorno dos fillos son os pais.


A quen maldí do seu pai e da súa nai, esmorézalle a candea na tebra máis fonda.


Quen lles rouba ó pai e á nai e di: —"Non é pecado", equipárase a un salteador.


Na súa dereita leva unha vida longa, na esquerda, a riqueza e a honra.


Hai xente que maldí ó propio pai, e non bendí á súa nai.


Ollos de quen se burla do pai e aldraxa á nai anciá, que lles arrinquen os ollos os corvos e sexan comestos das aguias!


Polo contrario, ó clan dos recabitas, díxolle Xeremías: —Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: "Visto que obedecestes o precepto de Ionadab, voso pai, e observastes o seu mandado, e fixestes todo o que el vos mandou


non construades casa, nin sementedes semente, nin plantedes viñas nin as teñades, xa que habitaredes en tendas toda a vosa vida, para deste xeito vivirdes moitos días na terra onde viviredes peregrinos".


Dentro de ti trátase con desprezo a pai e nai, dentro de ti trátase con violencia ó emigrante, dentro de ti son oprimidos o orfo e a viúva.


Cada un respecte a súa nai e a seu pai, e garde os meus sábados. Eu son o Señor, o voso Deus.


Poraste de pé ante os cabelos brancos e honrarás a presenza do ancián, temendo o teu Deus. Eu son o Señor.


O fillo venera ó pai, e o servo ó señor. Pero, se eu son o Pai, onde está a miña veneración? E se eu son o Señor, onde está o meu respecto?" —dívolo o Señor dos Exércitos a vós, sacerdotes que desprezades o meu Nome. E vós dicides: "En que desprezamos o teu Nome?"


honra a teu pai e a túa nai, e ama ó teu próximo coma a ti mesmo.


Xa sabes os mandamentos: Non mates, non cometas adulterio, non roubes, non deas falso testemuño, non defraudes, honra a teu pai e mais a túa nai.


Porque Moisés dixo: Coida de teu pai e mais de túa nai, e quen abandone a seu pai ou a súa nai é reo de morte.


Xa sabes os mandamentos: Non cometas adulterio, non mates, non roubes, non deas falso testemuño, honra a teu pai e mais a túa nai.


Sede ben guiados uns cos outros por respecto a Cristo:


Gardaredes todos os mandamentos que eu che mando hoxe, a fin de terdes forza para entrar e tomar posesión do país, ao que ides pasar e tomar en posesión,


e a fin de que se che alonguen os días sobre a terra, que o Señor prometeu con xuramento dar a vosos pais e mais á súa descendencia. Terra que rega leite e mel.


Se un home tivese un fillo rebelde e bebedor que nin fai caso de seu pai nin de súa nai, pois aínda que o corrixan non lles fai caso,


Has de ter pesas de bo peso e trato xusto; has de ter ferrado de boa medida e trato xusto, para que se multipliquen os teus días sobre a terra que o Señor, o teu Deus, che vai dar.


Maldito sexa quen desprece a seu pai e a súa nai. E todo o pobo dirá: Amén.


Pois non é unha palabra baleira de interese para vós, senón que é a vosa vida; e con esta palabra alongaredes os días sobre a terra, na que entraredes ao cruzar o Xordán para a tomardes en posesión".


poño hoxe por testemuñas contra vós o ceo e mais a terra: desapareceredes axiña da terra á que ides pasar cruzando o Xordán para tomardes posesión dela; non alongaredes os vosos días sobre ela, senón que desaparecederes completamente.


Garda os seus mandatos e leis que eu mando hoxe: serache bo para ti e para teus fillos despois de ti, e alongarás os teus días sobre a terra que o Señor, o teu Deus, che vai dar para sempre".


Honra a teu pai e túa nai, tal como cho mandou o Señor, o teu Deus, para que se alonguen os teus días e atopes a felicidade na terra, que o Señor o teu Deus che vai dar.


Seguide todo o camiño que vos mandou o Señor, voso Deus, e deste xeito viviredes, seredes felices e alongaredes os días que recibiredes en herdanza.


de xeito que respectes o Señor, o teu Deus, gardando todos os seus preceptos e os seus mandamentos que eu che ordenei, ti e o teu fillo e mais o teu neto, todos os días da túa vida, para que se alonguen os teus días.


Fillos, sede ben guiados en todo cos vosos pais, que isto é cousa agradable ó Señor.


E baixou á eira e fixo tal como lle mandara a sogra.


De alí foi David a Mispah de Moab. E díxolle ó rei de Moab: —"Permite que meu pai e miña nai queden aquí convosco, ata que eu acabe de saber o que Deus quere de min".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan