8 Respondeulle ela: —"Vai". E a rapaza foi chamar a nai do neno.
Se meu pai e miña nai me abandonan, acollerame o Señor.
A irmá do neno díxolle á filla do faraón: —"Queres que vaia buscar unha muller hebrea que o críe?"
Díxolle a filla do faraón: —"Leva este neno e críamo; pagareiche o debido". Ela colleu o neno e criouno.
Amram tomou por muller á súa parente Ioquébed, que lle deu a Aharón e a Moisés. Amram viviu cento trinta e sete anos.
Volvín pasar onda ti e fixeime en ti: Velaí, a túa idade era a idade do namoro; estendín o meu manto sobre ti e cubrín a túa nudez; comprometinme contigo con xuramento, e entrei en alianza contigo —é o meu Señor, Iavé, quen fala— e fuches miña.