5 Baixou a filla do faraón para se bañar no río e, mentres as súas doncelas paseaban polas beiras, viu a cesta na xunqueira e mandou á súa serva que a trouxese.
Os corvos levábanlle alí pan pola mañá e carne pola tarde. E bebía do regato.
—"A lingua é a nosa forza, contamos cos nosos labios: quen será o noso dono?".
Do mestre do coro. Dos coreítas, segundo Alamot, cántiga.
Cando te ergues, Deus, para xulgar, para salvar os oprimidos da terra,
El xulgará o mundo con xustiza, rexerá as nacións con equidade.
Abriuna e viu nela un neno que choraba. Condoída del, dixo: —"É un neno dos hebreos".
Vai onda el mañá cedo, cando sae para o río. Agárdao á beira do Nilo e leva na man a vara que se trocou en serpe.
O Señor cumpriuno así. Entraron enxames de tabáns no pazo do faraón e nas casas dos seus servos. Toda a terra de Exipto estaba infestada de tabáns.
Coma as canles da auga, a mente do rei está na man do Señor, el víraa para onde quere.
Pero eu ofrecereiche un sacrificio cantando a miña acción de grazas. O que prometín cumprireino. A salvación está no Señor.
e, cando o abandonaron, recolleuno a filla do Faraón e criouno coma se fose fillo dela.