Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 2:3 - Biblia SEPT

3 Cando xa non podía encubrilo por máis tempo, colleu unha cesta de xuncos, embreouna de betume e de pez, meteu o neno nela e deixouna nunha xunqueira, á beira do río.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 2:3
10 Iomraidhean Croise  

Dixéronse uns ós outros: —"Imos facer ladrillos e cocelos no lume". O ladrillo facíalles de pedra e o betume de cemento.


O val está acugulado de pozos de betume. Os reis de Sodoma e de Gomorra caeron neles e os outros fuxiron á montaña.


Ti constrúe unha arca de madeira resinosa. Fai nela celas e calafatéaa con betume por dentro e por fóra.


Entón ordenou o faraón ó seu pobo: "Todo neno que naza, botarédelo ó río; ás nenas deixádeas que vivan".


que manda polo mar embaixadores, sobre a auga os manda en barcos de papiro! Ide, áxiles mensaxeiros, ó pobo alto e relucente, á nación temible aquí e mais alá, pobo poderoso, que domina; pola súa terra corren ríos.


botarán fedor os canais, os brazos do río no Baixo Exipto baixarán e secarán, a canivela e o xunco murcharán.


A terra reseca convértese nunha lagoa, e a terra sedenta en mananciais de auga. No campo onde os chacais se tomban, a herba converterase en canivelas e xuncos.


En canto se foron, un anxo do Señor apareceulle a Xosé en soños e díxolle: Érguete, colle o neno e mais a nai e fuxe para Exipto. Non te movas de alí ata que eu te avise, porque Herodes vai buscar o neno para acabar con el.


Daquela Herodes, decatándose de que fora burlado polos magos, incomodouse moito. E, botando contas polos datos dos magos, mandou matar a todos os nenos de dous anos para abaixo, de Belén e da bisbarra.


Obrando raposeiramente contra a nosa xente, maltratou a nosos pais, facéndolles abandonar os seus picariños para que non vivisen.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan