Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 2:25 - Biblia SEPT

25 fixouse nos israelitas, recoñeceu os seus sufrimentos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 2:25
16 Iomraidhean Croise  

Quizais repare o Señor na miña aflición, e polas maldicións de hoxe me compense con bens".


Cantará diante da xente e dirá: É certo que pequei e torcín o dereito, pero Deus non me deu o merecido;


pois do camiño dos xustos coida o Señor, mentres vai á perdición o camiño dos malvados.


Ti mesmo podes ver os traballos e as penas, fixarte e collelos na túa man. A ti encoméndase o desvalido, ó orfo es ti quen o axuda.


Teño gozo e ledicia na túa misericordia, pois ti ollas a miña aflición, e coñeces as miñas angustias.


Falan coa suavidade da manteiga, pero pensan na guerra; as súas palabras soan moles coma aceite, pero son coitelos afiados.


Subiu ó trono de Exipto un rei novo, que non coñecera a Xosé,


Moisés contoulle ó seu sogro o que Deus fixera co faraón e cos exipcios por mor de Israel, e as coitas que tiveran na viaxe e como o Señor os librara delas.


O pranto dos israelitas chega xa onda min, e tamén teño visto como os oprimen os exipcios.


O pobo creu. E en oíndo que o Señor visitaba ós israelitas e coidaba deles na opresión, axeonlláronse e adorárono.


Pero daquela eu heilles dicir abertamente: "Endexamais non vos coñecín: arredádevos de min os que practicades o mal!"


Isto é obra do Señor, que se dignou librarme desta vergonza diante da xente.


vin a aflición do meu pobo en Exipto, escoitei os seus laios e baixei para liberalos. Ven logo aquí, que te vou mandar a Exipto.


Entón chamamos polo Señor, Deus de nosos pais, e o Señor escoitou o noso clamor e viu a nosa opresión e o noso duro traballo.


Daquela fixo este voto: —"Señor dos exércitos, se te fixas no acoramento da túa serva e lle dás un filliño, eu cedereillo ó Señor por todos os días da súa vida, e a navalla non tocará na súa cabeza".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan