serviralle ó Señor dos Exércitos de sinal e testemuño no país de Exipto. Cando eles clamen ó Señor pola presenza dos opresores, o Señor mandaralles un salvador e un xefe para que os libre.
Si, a viña do Señor dos Exércitos é a casa de Israel; e os homes de Xudá, a súa preferida plantación. Esperaba deles o cumprimento do dereito, e velaí: sangue vertido. Esperaba deles xustiza, e velaí: berros de auxilio.
pero nós queixámonos ó Señor. El escoitou o noso lamento, e enviou o seu anxo, que nos sacou de Exipto. Velaquí que xa chegamos a Cadex, cidade que está nos teus últimos límites.
No seu día entregaraslle o seu xornal, de xeito que non se poña o sol sobre ese xornal, pois el é un oprimido e está arelando o seu xornal; non sexa que chame ao Señor contra ti e o feito che sexa pecado.
E berraron os fillos de Israel ó Señor, pois aquel tiña novecentos carros de ferro, e el xa oprimira fortemente ós fillos de Israel durante vinte anos.
Cando Xacob baixou a Exipto e os exipcios vos oprimiron, os vosos pais berraron cara ó Señor, e o Señor mandou a Moisés e a Aharón, que os sacaron de Exipto, para establecelos neste lugar.
—"Mañá destas horas mandareiche un home do país de Benxamín, para que o unxas por xefe do meu pobo Israel. El librará este meu pobo da man dos filisteos, pois fixeime na mágoa do meu pobo, os seus berros chegaron onda min".