Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 2:14 - Biblia SEPT

14 Respondeulle el: —"Quen te puxo de xefe ou de xuíz entre nós? Ou pensas matarme, como mataches o exipcio?" Moisés colleu medo, pensando: —"A cousa xa se soubo".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 2:14
17 Iomraidhean Croise  

Abram díxolle entón a Lot: —"Que non haxa liortas entre nós e entre os nosos pastores, pois nós somos irmáns.


Responderon eles: —"Arreda de aí! Este que veu de fóra, pretende ser o noso xuíz. Agora tratarémoste a ti peor ca a eles". Empuxaron contra Lot, e por pouco non botaron abaixo a porta da casa.


Os demais fillos de Xacob botáronse sobre os despoxos e roubaron a cidade onde fora aldraxada súa irmá.


Bruar de león é a xenreira do rei, mais coma orballo na herba é o seu favor.


O respecto humano tende un lazo, mais quen afiúza no Señor ponse a salvo.


É pouco obrigarnos a subir dun país que deita leite e mel, e facernos morrer no deserto, para que, enriba, pretendas tamén señorearte de nós?


Subleváronse contra Moisés e contra Aharón, e dixéronlles: —"Xa é abondo! Toda a comunidade é santa, todos eles o son, e no medio deles está o Señor. Por que vos elevades vós sobre a comunidade do Señor?"


Entrou no templo e mentres ensinaba, acercáronselle os sumos sacerdotes e mais os senadores do pobo, para lle preguntaren: Con que autoridade fas esas cousas? Quen che deu tal autoridade?


El contestoulle: Home, quen me nomeou xuíz ou testamenteiro entre vós?


Pero os seus súbditos, que o odiaban, mandaron tras el unha embaixada, dicindo: "Non queremos que este sexa o noso rei".


E a todos eses meus inimigos, que non me querían por rei, traédeos aquí, e degoládeos na miña presenza".


A este Moisés, de quen renegaran dicindo: "quen te constituíu xefe e xuíz?", foi a quen Deus mandou coma xefe e liberador pola man do anxo, que se lle aparecera na silveira.


Pola fe abandonou Exipto sen lle ter medo á cólera do rei, xa que se mantivo firme na súa decisión, coma home que vira o Invisible.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan